top of page

O PP de Melide denuncia "a perigosidade das estradas pola falta de mantemento"

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide vén de lanzar unha dura crítica ao goberno municipal pola "alarmante falta de mantemento" nas estradas e beirarrúas do concello", o que, segundo denuncian,"está a poñer en risco a seguridade dos viandantes, especialmente das persoas maiores".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A formación popular pregunta publicamente "onde está a maquinaria municipal encargada destas tarefas" e esixe transparencia en relación aos contratos das empresas que, teoricamente, deberían estar realizando labores de limpeza e mantemento nas vías públicas.

A situación, segundo sinalan, "é especialmente grave en varias zonas onde a maleza invade por completo as beirarrúas, obrigando ás persoas a camiñar pola estrada, con evidente perigo para a súa integridade física". "Chegáronnos numerosas imaxes que reflicten o abandono das rúas, unha situación que consideramos totalmente inadmisible", sinalan desde o PP. 


O PP lamenta que, a pesar das reiteradas chamadas de atención da veciñanza, o Concello continúe sen tomar medidas. "Chegan os meses de mellor tempo, nos que moitas persoas -especialmente os nosos maiores, queren saír a pasear, pero non o poden facer con seguridade", advirten, esixindo unha actuación inmediata por parte do goberno local. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A formación popular esixe que se tomen medidas inmediatas para garantir o acceso seguro ás beirarrúas e que se poña en marcha un plan de mantemento eficaz que impida que esta situación se repita ano tras ano. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page