top of page

O PP de Melide denuncia "a neglixente xestión do Conservatorio Municipal"

Esixe explicacións inmediatas ao goberno local


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide lamenta a grave situación que está a atravesar o Conservatorio Municipal de Música e esixe ao goberno local explicacións e un mínimo respecto polas familias e polo alumnado afectado. "Dende o grupo popular entendemos que é absolutamente inadmisible a situación actual do Conservatorio" e responsabiliza directamente ao goberno local "dunha pésima xestión dende hai xa varios anos e que está a poñer en serio risco un servizo público fundamental para o municipio". Tal e como denuncian as familias afectadas, son xa tres anos sen mestre de guitarra e, agora, tamén sen profesor de canto nin acordeón.

O Conservatorio de Música foi tradicionalmente un centro de referencia na comarca, cun servizo de calidade e cunha alta participación de alumnado melidense. “É unha mágoa que pouco a pouco se deixe caer un servizo que tan bo resultado tiña en Melide e que dinamiza social, cultural e educativamente o municipio, todo pola desidia dun goberno que cando hai un problema sempre opta por buscar culpables pero nunca por dar solucións”, apuntan dende o grupo popular.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Os populares recalcan que no Conservatorio "estanse a repetir os mesmos erros e prácticas que xa fracasaron noutros servizos municipais, como ocorre coa piscina, cuxas consecuencias son gravemente perxudiciais para a veciñanza". “Un xeito de gobernar marcado pola improvisación, sen planificación e sen asumir nunca responsabilidade algunha, pero os negocios seguen pechando e os servizos públicos son cada día menos e de peor calidade”, sinalan os populares.


O PP de Melide denuncia tamén "a opacidade e a falta absoluta de información por parte do goberno municipal, unha situación que está a xerar unha fonda incerteza entre o alumnado, as familias e o profesorado do Conservatorio".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ante esta situación, o Grupo Municipal do Partido Popular rexistrou formalmente preguntas para a súa contestación en pleno nas que esixe explicacións inmediatas e por escrito sobre o que está a acontecer no Conservatorio, así como acceso íntegro aos expedientes e informes de contratación, incluíndo os procedementos seguidos, os criterios de selección e os informes técnicos, xurídicos económicos que avalan as decisións adoptadas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"Non imos a permitir que se continúen degradando desta maneira os servizos municipais e esixiremos responsabilidades políticas se non se ofrecen explicacións e solucións inmediatas", recalcan.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page