top of page

O PP de Melide denuncia a falta de mantemento nos centros escolares ante o inicio do curso

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide vén de comprobar que a un día de empezar o curso escolar os centros educativos non contaron con mantemento axeitado á hora de comezar o curso: "a maleza nos patios é unha constante e as operacións de mantemento iniciadas en xuño están aínda sen rematar como mostran os sacos de escombros nos aparcamentos ou as lousas

nas beirarrúas próximas sen tapar", asegura.

Dalia García, a portavoz popular da oposición, considera que “este modo de proceder é ilustrativo do goberno que sufrimos en Melide: adicándose a todo menos ao que teñen que atender e que é ademais competencia directa municipal, un mantemento axeitado dos CEIPs, mantemento do que carecen as familias de Melide a un día de comezar o curso”.


Ao fío da denuncia deste desleixo por parte do bipartito en cuestións básicas de mantemento os populares chaman a atención "sobre da desorganización no servizo de madrugadores; tivemos que aguantar nun pleno que non se nos informase sobre a demanda deste servizo, da xestión (pública ou privada) e dos espazos destinados ao mesmo. Debido a ineficacia manifesta do bipartito hai familias que, a pesar de solicitalo, non terán este servizo xa que hai un CEIP, o CEIP A Martagona para o cal o bipartito melidense non atopa a solución". García considera que “empezar a casa polo tellado co único fin de facer demagoxia trae estas consecuencias: máis desigualdade nun servizo que de poñerse en marcha tiña que posuír todas as garantías”.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page