Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide denuncia "a deixadez do bipartito local en canto ao mantemento do sistema do saneamento". "A deixadez do bipartito local en temas de xestión cotiá local é evidente unha vez máis na rede de saneamento". En concreto os populares melidenses chaman a atención sobre da última actuación que o bipartito local efectuou na Avenida De Compostela. "Unha avenida na que normalmente había que intensificar todas as semanas a limpeza da rede pola gran cantidade de caudal que acumula". Agora, aseveran os populares, "nin se limpa coa conseguinte presenza de refugallos nas beirarrúas que pode apreciar calquera veciño e veciña nin se mantén: trasladouse o problemas de asolagamento ao rego da Martagona, un afluente directo do Furelos, onde a estación de bombeo rebosa á mínima precipitación".
Ademais, recalca a voceira popular, Dalia García, que “estas son as solucións aos problemas dos melidenses: cero euros en saneamento, cero euros en convenios doutras administracións para mellorar a depuración de aguas pasados dous anos de goberno bipartito o balance é desolador”.
Os populares chaman así a atención "sobre a falta de previsión do goberno local en canto a mellorar a rede de saneamento e depuración de augas, a dous anos dende a toma de posesión todos os proxectos que se executaron nesta materia son herdados do mandato popular. A pesares de gobernar no Estado e na Deputación da Coruña o bipartito local é incapaz de facer valer as necesidades de Melide nas institucións onde gobernan os seus cores".
コメント