O PP de Melide reclama do bipartito AM-PSOE "que dunha vez por todas clarifique ao sector ambulante e comercial local cal será a localización do mercado dominical que se trasladou ao entorno do Edificio Multiusos e Rúa Galicia, dende o pasado verán. Unha xustificación, a do cambio de localización, que a ollos dos populares "falta a verdade, toda vez que no pleno extraordinario celebrado a petición da oposición o pasado decembro non se deu por parte nin do concelleiro de área nin por parte do rexedor melidense, nin un só informe técnico que avalara sobre causas obxectivas a decisión de cambio de localización".
Os populares recordan que o casco antigo ten rúas suficientes para reorganizar o propio mercado coas medidas anti covid que marcan os protocolos sen necesidade dun cambio de localización que atende unicamente a criterios e decisións políticas". Así mesmo, recriminan que "a lo menos que teñan a valentía de defender as decisións que toman sen consensuar nin informar coa previsión suficientes aos sectores afectados, decisións que afectan a propios e a terceiros; gardando silencio só dan a entender o evidente: o cambio de localización obedece a causas políticas subxectivas” sinala a portavoz popular, Dalia García, quen ademais afirma que “lonxe de cumprir coa promesa de reunirse cos afectados tal e como transcendeu en diversos medios de comunicación sobre a organización do mercado dominical nunha mesa de traballo onde o PP pediu estar presente, non existiu nin un só movemento relativo a este tema; meses despois cunha mellor situación epidemiolóxica entendemos que non hai ningunha razón de peso que non sexa subxectiva para que os responsables municipais sigan gardando silencio”.
Recalcan que Melide ten no mercado dominical dos domingos "un atractivo turístico envexable que, lamentamos, mingua domingo tras domingo debido en boa medida, ao cambio de localización; so fai falta pasear polo propio centro para ver un sector hostaleiro debilitado no que moitos establecementos baixaron a persiana no que era a encrucillada da vida comercial e turística da vila” reitera García, quen insta ao bipartito a que “deixe de enganar aos sectores con promesas que logo non cumpre, un modus operandi que xa se converteu nun sinal de identidade do alcalde melidense e do seu goberno”.
Comments