top of page

O PP de Melide demanda que a subida de impostos do velorio municipal revirta no seu mantemento

Ecos da Comarca/Melide

O PP melidense faise eco das queixas veciñais sobre o estado do velorio municipal: "humidades, escorrentias de auga nas paredes, lámpadas fundidas...das que temos testemuñas, pero por respecto ás familias usuarias non vamos publicar", sinalan dende a formación azul melidense.

ree
Dalia García.

A portavoz do PP local, Dalia García, insta “ao bipartito de AM-PSOE a que solucione inmediatamente estas carencias; nunca se atopou en tan mal estado unha instalación municipal básica coma a que estamos a falar. Consideramos inadmisible que isto suceda coa cooperación dun bipartito paralizado máis se recordamos que no primeiro ano de mandato se produciu unha suba de taxas do velorio municipal; que mínimo que as revertan na instalación para que esta non sufra o deterioro que está sufrindo”, demandan os populares.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page