top of page

O PP de Melide demanda ao goberno local que sexa exemplar no coidado do mobiliario urbano

30 abr 2022
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide demanda que se eliminen certas prácticas á hora de montaxe e desmontaxe no mobiliario urbano. "Non se pode amarrar as casetas de feira ou a carpa municipal con anclaxes no firme da rúa ou mesmo en pistas que hai poucos anos que foron feitas con aglomerado xa que iso implicará un custo a longo prazo e unha imaxe visual moi pouco coidada de Melide”, sinala a portavoz popular, Dalia García, ao fío de detectar determinadas prácticas que entendía desterradas do Concello.


“Sempre se montaron casetas de feira para os eventos municipais, sempre se cooperou coa montaxe e desmontaxe da carpa nas parroquias para a celebración das festividades locais, pero o que sempre se intentaba e non lesionar o patrimonio municipal”, expoñen os populares melidenses á hora de denunciar os anclaxes que na Rúa do Convento e nas travesías colindantes se realizaron no pavimento á hora de instalar casetas.

Aínda que son rúas que se van a rehabilitar cun proxecto elaborado e xestionado polo PP o certo é que non temos garantías de que esto non se repita xa que vimos de detectar que en viais de acceso ás parroquias realizados en aglomerado en quente no anterior mandato se fixeron igualmente anclaxes que non respetaron a pavimentación o que supón que se extrapolamos iso ás 26 parroquias teremos en moi pouco tempo fochancas en pistas que tiñan que estar perfectas a lo menos unha década”.

Os populares melidenses destacan que esto "é a consecuencia dunha deixadez constante por parte dos dous responsables de obras tanto o alcalde, J.M. Pérez como o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J.A. Prado quen, a xuízo dos populares, “nin está nin se lles espera”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page