top of page

O PP de Melide cualifica de “fraude administrativo” o uso dun “suposto patrocinio" para Foliada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Considera “inaudito” que o bipartito AM- PSOE "utilice un “contrato de patrocinio” como subterfuxio para cobrarlle cotas aos locais pola organización deste evento"


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide asegura que recibiu varias demandas de hostaleiros en busca de información, "nos que se puxo en coñecemento a desinformación recibida por parte do Concello nunha carpeta repartida no seu establecemento sen previo aviso, pola Policía Local, no que se inclúe un “imposto revolucionario” que pode chegar ata os 500 euros para os locais agochado baixo a denominación de “contrato de patrocinio” a favor do Concello", acusa.


En primeiro lugar, o PP sinala que solicitará os informes de secretaría e intervención derivado deste contrato de patrocinio "que NON conta cunha ordenanza de prezos o que a priori resulta “un fraude administrativo”". Ademais, tal e como sinala a portavoz popular, Dalia García, “o bipartito AM- PSOE conta cun Concello totalmente saneado, cun aforro de 4,5 millóns de euros a súa disposición cos que non contou ata o momento ningunha outra corporación; partindo deste punto, contextualizando que a Foliada é o primeiro gran evento despois do San Roque que o Concello de Melide organice e dentro de tal organización lle pida aos locais cotas de 150, 300 e ata 500 euros escudándose nun suposto “patrocinio publicitario para que as actuacións esteñan preto dos seus locais” cando non foi capaz de artellar axudas directas ao sector como si o fixeron outros concellos durante a pandemia, e ademais, leva dous anos de “aforro” ao non poder organizar eventos dinamizadores da cultura é simplemente un disparate de tal calibre que non ten cualificación”.

Dende o PP adiantan que chegarán ata o fin deste proceso ao considerar un “auténtico imposto revolucionario á hostelería a imposición por parte do bipartito AM-PSOE deste imposto revolucionario agochado e enmascarado por un contrato que nin foi explicado aos locais e que tampouco ten cabida na organización de eventos por parte dun Concello que foi capaz de pagar 9.000 euros en expedir tarxetas moedeiro pero que non outorgou axudas directas aos sectores máis afectados pola crise da Covid”.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page