E lamenta que "o bipartito AM-PSOE non presuposte axudas directas a hostalaría"
O PP de Melide vén de analizar a liña de tarxetas bono que o bipartito melidense anunciou para a súa execución durante os próximos meses no comercio e na hostalería melidense.
Ao entender dos populares melidenses "esta liña podería ser complementaria doutras axudas, máis adolece de insuficiencia, ao ser a cantidade “mínima” para paliar a crise económica post-Covid tanto da hostalería como do comercio melidense". A portavoz dos populares, Dalia García apunta “miramos con envexa sana outras vilas que con menos recurso que Melide na facenda municipal artellaron sistemas de axudas directas á hostalería, ocio nocturno, comercio local e sector terciario; iso sen entrar a valorar o tremendo erro que supuxo que aqueles que cumprían cos requisitos das axudas da Deputación da Coruña non as puidesen cobrar por esgotamento de crédito". Así mesmo, considera que "o bipartito rachou aquí tamén a súa palabra e non foi capaz de aumentar o crédito desta partida para que ningúen, cumprindo os requisitos da convocatoria quedase fóra”.
Os populares recriminan que "o bipartito AM-PSOE vende como un logro a copia da liña de bono comercio que o goberno local puxo en marcha no Nadal agora ampliado á hostalería. Malos negociadores son cando nas bases da convocatoria desta liña de tarxetas moedeiro de 15 euros a repartir co sector 9.000 euros irán destinados á emisión de tarxetas” subliñan, a cuxo xuízo, "estarían moito mellor investidos nunha liña de axuda directa sinxela e rápida ao cobro". Recordan dende a formación que as únicas axudas económicas que puideron percibir os sectores afectados pola crise foron as da Xunta de Galicia. “Un ano despois, en Concellos como Melide que non traballaron para emitir novas liñas de axudas para emprendedores os sectores económicos seguen esperando para cobrar axudas que teñen concedidas; é lamentable e de consecuencias desastrosas para o noso tecido económico local”.
Comentários