top of page

O PP de Melide comprométese a recuperar "a saúde medioambiental do río Furelos" se volve gobernar


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide comprométere a executar o proxecto de Augas de Galicia que recuperará o cauce da zona de baño do Río Furelos nos 100 días de goberno se alcanzan a Alcaldía o vindeiro 28 de Maio.

A voceira popular, Dalia García, acompañada de demais membros da súa candidatura sinala que "o proxecto do PP é un proxecto sólido e responsable e por iso, non só se

recuperará o cauce e a zona de baño, cuestión que pon en evidencia a falta de traballo do actual goberno municipal, senón que o PP buscará os fondos para que a Área Recreativa de Furelos sexa un referente na comarca: novas piscinas, nova área de merendeiros, así como instalación de zonas infantís e de relax para as familias para facer de Furelos o epicentro do turismo natural e de interior do cerne de Galicia. Ter responsabilidades de goberno é moito máis que un slogan”.


O equipo de Dalia García inicia así unha rolda de propostas irrenunciables para Melide e os melidenses que teñen como finalidade “situar ás persoas no centro das políticas, incrementar o benestar da vila na que vivimos para que os mozos e mozas, cativos, familias deixen de ir a outras vilas a desfrutar do seu tempo de lecer porque en Melide non temos unha área recreativa en boas condicións”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais, sinala que dentro de “Conciliamos” atoparase a “Aula Madrugadores” con posibilidade de que os escolares accedan ós centros antes do comezo da actividade lectiva, as “Aulas Vespertinas” coa opción de acceder tras o día lectivo para realizar as tarefas escolares diarias, a aprendizaxe de técnicas de estudo e outras actividades lúdico-educativas (segundo a idade dos cativos). "Este programa tamén contará con servizo de “Canguraxe” que estará a disposición dos rapaces/zas que asistan a actividades das escolas deportivas e culturais (atención, acompañamento e traslado). Para os festivos escolares levaranse a cabo actividades de ocio e tempo libre coa “Aula Vacacional”".


E adiantan que o programa “Conciliamos” "ten como peculiaridade proporcionar unha resposta á necesidade das familias ante situacións imprevistas e puntuais, funcionando os días lectivos, pero de maneira flexible, o que significa que cada familia determinará os días e o tempo que precisa. Así mesmo, procederase á entrega de lotes de produtos para darlle a benvida @s recén nacid@s co “Cestiño benvid@”, un agasallo que será adquirido nos comercios locais do noso pobo. Queremos que o benestar social dos nosos cativos sexa máis que unha ilusión", conclúe o PP.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page