O PP de Melide aplaude os 149.000 euros da Xunta para a piscina, pero critica a xestión do Concello
- ecosdacomarca

- hace 5 minutos
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O Partido Popular de Melide enxalza a subvención concedida pola Xunta de Galicia para a mellora da eficiencia enerxética da piscina climatiza e lamenta "que o Concello engane de novo aos melidenses". Dende o grupo popular apúntase que "esta subvención de 149.000 euros será o único investimento na piscina en 7 anos de goberno e que, ademais, tería un gran valor engadido se o Concello de Melide tivera a ben presentar un proxecto de reforma serio que permitira abrir a instalación despois de máis de 7 anos pechada".

Cómpre lembrar, recalcan os populares, "que o goberno de Pérez presentou xa a finais do último mandato varios proxectos de reforma integral, o último por importe de máis de 1.000.000 de euros, e que quedou demostrado que só se trataba de puro electoralismo".
Hai poucas semanas, apuntan, "que se cumpriron sete anos dende que o goberno de Pérez decidiu pechar a instalación, deixando a todos os veciños sen un servizo fundamental que contaba naquel momento con máis de 1.000 socios e socias. Que sete anos despois non foran quen de facer absolutamente nada máis que deixar todo abandonado, é a crónica perfecta do que foi este goberno local para Melide".
PUBLICIDADE
"Cada vez que se achega o final dun mandato, Pérez repite estratexia: anuncia un gran investimento na piscina e, meses despois, busca culpables da súa ineficacia. Preguntámonos onde está aquel proxecto que anunciou en decembro de 2022 para convertir a piscina nun gran complexo deportivo", sinalan os populares.
Ante isto, sinalan, "lamentamos profundamente que os máis perxudicados por esta realidade sexan os veciños de Melide, que terán que afrontar un novo inverno sen piscina
climatizada, pese ás eternas promesas do goberno de Pérez. Creemos que Melide xa non se pode permitir perder máis servizos e que ninguén faga nada. O certo é que levamos sete anos coa piscina pechada e, de seguir con este goberno, poderíamos estar así outros sete", apúntase dende o PP de Melide.
PUBLICIDADE
Por todo isto, insistin na valoración positiva desta axuda que a Xunta de Galicia presta ao Concello de Melide, "pero lamentamos que só sirva para reafirmar a incompetencia dun goberno que en 7 anos non foi quen de realizar un só investimento na piscina e que rematará o seu segundo mandato coa piscina pechada".
NOTICIA RELACIONADA:
Melide aproba un investimento de 149.905 € na piscina climatizada, un paso decisivo para a súa reapertura: https://www.ecosdacomarca.com/post/melide-aproba-un-investimento-de-149-905-na-piscina-climatizada-un-paso-decisivo-para-a-s%C3%BAa-reape








Comentarios