O PP de Melide amosa a súa satisfacción "polo rápido comezo da obra do muro do CEIP Martagona"
- ecosdacomarca

- 23min
- 2 Min. de lectura
Sinala que xusto é no treito comprometido pola Xunta de Galicia
Ecos da Comarca/Melide
O Partido Popular de Melide quere expresar a súa satisfacción logo de que esta semana deran comezo as obras de substitución do peche perimetral do CEIP Martagona situado nesta mesma rúa, tal e como se comprometeu a Xunta de Galicia hai escasas semanas.
"Valoramos especialmente esta axilidade da administración autonómica, toda vez que
será fundamental para poñer fin a un problema no que os nenos e nenas do centro
son os máis perxudicados".

Así mesmo, sinalan que "agardamos que o Concello de Melide mova ficha e asuma a súa parte do acordo e proceda a facer unha reparación en condicións do treito do muro na rúa Santiso, e non só un pintado do muro existente como semella que pretenden facer".
Publicidade
"Reclamamos que desta vez o Concello faga o mantemento oportuno desta e doutras
instalacións municipais das cales son responsables: É moito máis doado deixar que pasen os anos sen facer arranxos de ningún tipo e sen cumprir coas súas obrigas, para despois decir que todo é culpa da Xunta e pedir que a administración autonómica asuma o custo de todo”.
Publicidade
Este grupo municipal entende que a resolución desta problemática "é unha
extraordinaria nova para as familias afectadas e para a comunidade educativa, pero non por iso deixamos de reclamar actuacións neste e outros centros educativos. Nas últimas semanas reclamamos ao goberno local de Melide que preste máis atención aos colexios do municipio, atenda axeitadamente a limpeza dos mesmos, os desbroces e limpeza das zonas exteriores, o coidado dos baños ou mesmo que garante o servizo de conserxe en todos os centros".








Comentarios