O PP de Melide alerta "dunha problemática de ocupas na localidade"
"Hai máis de dúas ducias de persoas ocupando propiedades privadas sen ningún tipo de control do bipartito. É lamentable que non se soliciten reforzos obrigando a veciños a acudir a empresas privadas para desaloxar ocupas das súas vivendas", asegura
Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide insta ao alcalde do municipio a reunirse "con urxencia coas autoridades que teñen a competencia en seguridade, é dicir, a Delegación do Goberno en Galicia co fin de tratar temas de prioridade municipal: a situación de propiedades ocupadas en Melide".

A voceira popular, Dalia García, sinala que "durante as últimas semanas foron varias os veciños que nos alertaron da situación. Hai máis de dúas ducias de persoas ocupando propiedades privadas sen ningún tipo de control por parte do bipartito AM-PSOE. É lamentable que non se soliciten reforzos ante situacións de tanta inseguridade obrigando a veciños e veciñas a acudir aos servizos de empresas privadas para desaloxar ocupas das súas vivendas".
Así mesmo, recalca que "a situación de inseguridade é tan palpable e a pasividade do Concello tan evidente que ata se instalou unha piscina en plena rúa e ningunha autoridade local reaccionou a pesar de ser alertados".
Dende o PP de Melide sinalan "que ante esta situación que se non se atalla pode ir a máis os que nos gobernan deben asumir a responsabilidade e deixarse de intereses persoais para atender ao que realmente sucede en Melide, que lamentablemente, parece ser o último da lista dos actuais responsables municipais". García subliña que “é moi común que cargos do PSOE se paseen co rexedor melidense pola vila, máis parece que hai outros intereses ocultos máis que conseguir investimentos ou neste caso, un aumento de seguridade e reforzo de efectivos que o PP leva solicitando dende hai meses vistas as necesidades", acusa.








Comentarios