top of page

O PP de Melide alerta "do grave deterioro das instalacións do campo de fútbol municipal"

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Popular de Melide vén de denunciar publicamente "o estado de abandono e inseguridade que presentan as instalacións do campo de fútbol municipal, particularmente dos vestiarios e baños públicos, con enormes humidades e óxidos". "Entendemos que é inadmisible que os centos de deportistas que fan uso do campo de fútbol cada semana, a maior parte nenos e nenas de Melide, teñan que facelo nunhas condicións tan deficientes de seguridade e salubridade", recalca os populares.

Neste sentido, dende o Grupo Popular advirten que nos últimos meses "de que o mantemento dos edificios públicos é inexistente dende hai anos, tal e como se pode

comprobar no estado de total abondono no que se atopa tamén o edificio multiusos ou

as carencias coas que conta o pavillón polideportivo. Cando as infraestruturas non se manteñen e non se realizan as melloras ordinarias oportunas, as instalacións acaban no estado no que están hoxe Comezamos agora a ver as consecuencias de non facer absolutamente nada en 7 anos de goberno de Pérez”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Sinalan que preguntaron por escrito ao Goberno local cales eran as actuacións de mantemento levadas a cabo nos últimos anos nos edificios e instalacións públicas, "toda vez que os veciños nos alertan de graves deficiencias en todos eles: os colexios públicos, o edificio multiusos, o pavillón polideportivo e agora tamén o campo de fútbol municipal.

Aínda non tivemos resposta a dita pregunta".


“Xa non esperamos nada novo deste goberno local, pero si que esiximos que cumpran co mínimo que teñen que facer: manter as instalacións públicas nunhas condicións dignas. Logo de pechar hai case 7 anos a piscina climatizada, que menos que ter outras instalacións deportivas nun estado presentable”, denuncian os populares.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Por últimos, recordan que o Partido Popular de Melide "segue a disposición da veciñanza, escoitando as súas reivindacións e seguiremos fiscalizando as labores deste tripartito que está completamente desconectado das necesidades que ten a veciñanza de Melide".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page