O PP de Melide alerta da "perigosidade do tránsito continuado de cabalos descontrolados"
- ecosdacomarca

- 5 oct 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Partido Popular de Melide denuncia publicamente "a enorme perigosidade que se vive en diferentes puntos das parroquias rurais de Melide debido ao tránsito continuo nas últimas semanas de grupos de cabalos descontrolados cruzando as estradas e fincas".

"Os veciños das zonas de Orois, Castiñeiroas e arredores puxéronse en contacto en múltiples ocasións co Concello de Melide, mais están fartos de quedar sen resposta.
Esta semana foron varios os episodios deste tipo, co perigo que supón tanto para os
vehículos que circulan pola zona como para os nosos maiores que pasean ás beiras
das súas vivendas", sinalan os populares.
E apuntan que logo de alertar a Garda Civil e 112, "os veciños afectados puxeronse en contacto coa nosa formación para denunciar novamente a pasividade do goberno local, que parece nin escoitar as queixas dos propios veciños".
PUBLICIDADE

Dende o PP de Melide consideran que esta situación non é aceptable e se debe actuar de inmediato: “Non é posible que cada semana se produzan situacións de inseguridade, deste ou outro tipo, e o goberno local non escoite nin actúe. Traballan a remolque e deixan aos veciños á súa sorte a que intenen arranxar cada problema”, sinalan.
PUBLICIDADE
O grupo popular esixe ao executivo local que adopte medidas inmediatas para garantir a seguridade dos veciños, especialmente neste caso daqueles que viven nas zonas rurais afectadas por esta cuestión.







Comentarios