top of page

O PP de Melide acusa ao goberno de "enganar ao usar a pandemia" para cambiar de lugar o mercado

"O bipartito AM-PSOE acaba de destapar a súa verdadeira cara", sinala "ao instalar na Ronda da Coruña a sinalética vertical cara a Rúa Galicia coa lenda “Mercado dominical”


Ecos da Comarca/Melide

"O bipartito AM-PSOE acaba de destapar a súa verdadeira cara", sinalan rotundamente os populares melidenses, ao instalar na Ronda da Coruña a sinalética vertical cara a Rúa Galicia coa lenda “Mercado dominical”. "Dous anos despois, en pleno ano de superación da pandemia, acórdalles sinalar o “Mercado dominical”", lamentan os populares, quen no seu día xa advertiron das repercusións de decisións como dividir o mercado de froita e verduras, de trasladar sen previo aviso aos ambulantes, de non buscar canles de colaboración entre hostalería, comercio local e feirantes para localizar o mercado noutras rúas e cumprindo sempre os protocolos de seguridade. Afirman que isto trae como consecuencia, segundo os testemuños recibidos polo PP, afirmacións como esta: “Estamos planteándonos pechar os domingos; o que antes era o mellor día da semana, agora, lamentablemente, é un dos peores”.

Ao instalar esta sinalética o PP "demostra así que a intención orixinaria do bipartito de J.M. Pérez non foi outra que mover dunha vez por todas o mercado dominical do Cantón de San Roque de das principais arterias do casco antigo, onde primixeniamente sempre se mantivo o mercado. Pérez e os seus socios enganaron a Melide, porque sempre foi a sua intención cambiar o mercado de localización; lamentablemente, executaron esta decisión con “alevosía” nunca defenderon esta decisión directamente, enganaron a varios comerciantes que no seu momento protestaron e pediron explicacións, en definitiva, enganaron a Melide e a mailos melidenses".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page