top of page

O PP de Melide acusa ao bipartito de "dilapidar 17.303 euros nun estudo dunha depuradora industrial"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide asegura que demostrou "que o bipartito AM- PSOE dilapidou 17.303 euros de cartos públicos nun proxecto que xa se sabía que non se podía levar adiante sobre unha suposta depuradora no parque empresarial da Madanela".

Sinala que "durante o ano 2020 o bipartito de Pérez levounos a dous plenos para constatar

o evidente: que o único proxecto viable para a depuración de augas do parque empresarial era o licitado, adxudicado e auditado tecnicamente por Augas de Galicia, que supón ademais a única solución viable ademais dun custo asumible para o Concello; pola contra non só unha vez, senón dúas en sede plenaria (maio 2020 e decembro dese mesmo ano), o alcalde melidense tratou de enganar á opinión pública sobre que o proxecto de Augas de Galicia non era factible e non solucionaba o problema e para iso, malgastou

17.303 euros con tal de gañar tempo e non seguir coa folla de ruta marcada sobre dun proxecto prioritario para a nosa vila", acusan os populares.


Así mesmo, sinalan que "o bipartito AM-PSOE nunca fixo público o que custara o estudo da depuradora municipal no parque empresarial, simplemente se informou nun pleno de que se manexaban presupostos relativos a obra e que unha vez que chegara o proxecto de Augas de Galicia sería finalmente este o que executarían porque o outro non era viable”, subliña Dalia García, a portavoz dos populares melidenses.

O PP de Melide asegura que veñen de demostrar "que o bipartito AM-PSOE contratou

a realización dun proxecto básico no que gastou 17.303 euros sabendo previamente, como xa llo ten recordado este grupo municipal que era inviable en canto a sostibilidade financiera e a súa eficacia. Isto o único que demostra e que existen en Melide dúas formas moi distintas de gobernar: aquela que se apoia en decisións técnicas e que son ademais sostibles a longo prazo para os melidenses e outra, a representada polo bipartito actual, que está continuamente rachando as pontes dos consensos en temas de importancia

municipal, ata o punto de incluso, ir en contra aos criterios técnicos de Augas de Galicia, e quen perde, lamentablemente, son os melidenses".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page