top of page

O PP de Melide achaca "deixadez e falta de previsión na xestión das piscinas do río Furelos"

“Os vasos das piscinas lonxe de ter un mantemento adecuado verten continuamente auga cara o exterior facendo do céspede unha auténtica braña", asegura


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide alerta da situación na que se atopa a área fluvial do río de Furelos, e ademais dubidan, de "que pase os exames necesarios de sanidade pública". O PP de Melide asegura que recibiu varias queixas de usuarios e usuarias nestes últimos días de verán que alertaban sobre o estado das piscinas descubertas de Melide.

"O tripartito melidense encabezado polo alcalde J.M. Pérez xunto co BNG e co PSOE estivo máis entretido e preocupado de amañar os soldos e as súas liortas internas sobre competencias que en gobernar e xestionar o máis básico para os melidenses: ao menos unhas piscinas descubertas decentes para desfrutar do verán e mitigar as vagas de calor", recalcan os populares.


Publicidade

“Xa non hai excusas nin culpables, o tripartito tiña que ter feito os deberes e a realidade é que Melide perde preponderancia neste eido como noutros moitos” resalta a portavoz popular, Dalia García, ao sinalar que “a situación do río é moito peor da que analizamos no anterior trimestre e a apertura das piscinas descubertas puxo enriba da mesa a realidade: nulo investimento e nulo mantemento en catro anos de bipartito AM-PSOE que agora teñen consecuencias: a zona que perimetra as piscinas está chea de barro e o río inservible para o baño e para o desfrute dos veciños e veciñas e de quen nos visitan cada ano na tempada de verán, algo vergoñento para un goberno que herdou 4,5 millóns de euros en débeda municipal".


Publicidade

“Os vasos das piscinas lonxe de ter un mantemento adecuado verten continuamente auga cara o exterior facendo do céspede unha auténtica braña, por non mencionar a situación do Río Furelos, sen data de comezo da obra para eliminar a situación de lodazal na que se encontra", sentencian dende o grupo municipal popular.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page