O PP de Galicia denuncia un ataque á súa sede en Lalín
- ecosdacomarca

- hace 17 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O Partido Popular de Galicia denunciaba esta tarde nas redes sociais "un novo ataque ás nosas sedes, esta vez en Lalín e Sada: é o resultado do odio que sementa a esquerda en Galicia", recalca.
Publicidade
Ademais, na súa publicación nas redes esíxenlle ao BNG e ao PSdeG "que condenen dunha vez os feitos porque, se non o fan, serán cómplices desta escalada de rancor que non cesa cara ao Partido Popular. Aínda non dixeron nada dos ataques sufridos a principios deste mes de febreiro".
En concreto, vandalizaron a foto de grupo da lista do PP en Lalín das últimas eleccións municipais. Tamén se pode ler BNG e ¡Viva, Vox!

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O que tamén se pronunciou nas redes foi o líder de Compromiso por Lalín e exalcalde deste concello, Rafael Cuiña.
Publicidade
"Leo que vandalizaron a sede do PP de Lalín. A forma de mostrar o descontento con eles ou con calquera outro ten que ser nas urnas, democraticamente. Quen fai isto demostra ser un fascista. A miña solidaridade co PP de Lalín e modesta condena dos feitos", recalca Cuíña.








Comentarios