O PP de Cruces presenta unha emenda aos orzamentos da Xunta para o arranxo da PO-204
- ecosdacomarca

- 1 nov
- 2 Min. de lectura
Tamén solicita a construción de tres sendas
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces presentou unha emenda para os orzamentos 2026 para o arranxo do firme da estrada PO-204 A Bandeira- Vila de Cruces e a construción de tres sendas que é unha petición que xa levou como moción ao pleno celebrado o 29 de novembro de 2024 e que foi aprobada por unanimidade.

O acordo plenario recolle expresamente a solicitude de que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas asuma a execución deste proxecto, que inclúe:
A renovación integral da capa de rodaxe da estrada autonómica PO-204,
actualmente en avanzado estado de deterioro.
A execución de tres sendas peonís para mellorar a seguridade viaria e a
mobilidade sostible:
1. Senda Sulago – A Moa, de 390 metros de lonxitude (PK 6+730 a PK 7+120).
2. Continuación da senda existente en Merza, desde O Morouco ata Espil, de 780 metros (PK 8+010 a PK 8+790).
3. Nova senda en Sabrexo, entre Orza e Sabrexo, de 1.620 metros (PK 12+700 a PK 14+320).
Estas sendas deberán contar con iluminación pública, drenaxe e sinalización axeitadas, así como separación física do tráfico rodado.
Publicidade
O PP sinala que, ao abeiro do disposto nos artigos 129 a 131 do Regulamento do Parlamento de Galicia e o Decreto Lexislativo 1/1999, de 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, se promova a presentación dunha emenda de adición aos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2026, en nome e a proposta do Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces, co fin de incorporar unha partida específica destinada á execución das actuacións descritas.
Ademais, de que se dea traslado da presente solicitude ao Grupo Parlamentario Popular no Parlamento de Galicia para a súa valoración e tramitación como emenda de adición no trámite parlamentario da Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2026, así como á Dirección Xeral competente en materia de infraestruturas viarias, para os efectos de análise técnica e planificación da actuación proposta
Publicidade
"Xustifícase esta petición na necesidade de mellorar a seguridade viaria, garantir a mobilidade peonil en condicións adecuadas e dar resposta a unha demanda social e institucional avalada unanimemente polo Pleno municipal".








Comentarios