top of page

O PP de Cruces: "A revista VivaCruces converteuse nun instrumento de propaganda do goberno local"

4 jul
3 min de lectura

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces considera que o segundo número da revista municipal VivaCruces "confirma unha preocupante deriva na utilización dos medios de comunicación institucionais do Concello, converténdose nun instrumento de promoción política do goberno municipal en lugar de cumprir coa súa verdadeira finalidade: ofrecer unha información rigorosa, obxectiva e plural á cidadanía".

O Partido Popular non cuestiona que o Concello conte con ferramentas de comunicación para informar aos veciños sobre a actividade municipal. "O que resulta inaceptable é que unha publicación financiada con recursos públicos perda a súa necesaria neutralidade e acabe funcionando como un escaparate político do grupo de goberno".


Ao longo das súas páxinas, a revista, indican os populares, "está centrada case exclusivamente en destacar a acción do executivo municipal, anunciar actuacións futuras,

promocionar actividades organizadas polo Concello e trasladar unha visión exclusivamente positiva da súa xestión, sen ofrecer unha información institucional plural nin reflectir con equilibrio a realidade municipal. Resulta especialmente rechamante a utilización reiterada da palabra xuntos en titulares, lemas e mensaxes ao longo da publicación, coincidindo coa propia denominación da formación política que goberna o Concello".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A isto súmase, apunta, "unha identidade visual, unha estética gráfica e unha combinación cromática claramente identificables coa comunicación habitual de Xuntos, facendo que en

numerosos momentos resulte difícil distinguir onde remata a comunicación institucional e onde comeza a comunicación política do partido de goberno. As institucións pertencen a todos os veciños, pensen como pensen e voten a quen voten. Por iso, toda publicación financiada con fondos públicos debe responder estritamente aos principios de neutralidade, obxectividade e servizo ao interese xeral, evitando calquera elemento que poida identificarse coa imaxe ou coa estratexia comunicativa dunha opción política".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Esta publicación, apunta o PP, "non constitúe un feito illado. Trátase xa do segundo número

dunha revista que mantén o mesmo enfoque, consolidando unha forma de comunicación institucional que, ao noso xuízo, se afasta dos principios que deben rexer a actuación dunha administración pública e reforza a percepción de que se están utilizando medios públicos para favorecer a imaxe do goberno municipal. Ademais, a revista presenta numerosos anuncios de investimentos e actuacións futuras como se a súa execución estivese plenamente garantida".


O Partido Popular considera que a cidadanía "merece coñecer a situación real de cada proxecto e non unicamente anuncios ou previsións. Por iso, nos próximos meses analizaremos un por un os investimentos recollidos nesta publicación, contrastando o seu estado de tramitación, a súa viabilidade técnica e legal e as posibilidades reais da súa execución". Ademais, esta formación lembra que a comunicación institucional está sometida aos principios de legalidade, obxectividade, neutralidade e servizo ao interese xeral. "A utilización de recursos públicos para finalidades alleas á comunicación institucional ou orientadas á promoción dunha opción política merece a máxima vixilancia e non pode ser normalizada nunha administración pública".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Por ese motivo, o Partido Popular anuncia que porá estas publicacións en coñecemento dos órganos competentes, incluída a Fiscalía, para que, se o considera oportuno, valore se da utilización de recursos públicos para este tipo de comunicación institucional pode derivarse algún tipo de responsabilidade como malversación de fondos públicos. "Do mesmo xeito, se continúan producíndose publicacións desta natureza ou se aprecian novos indicios de utilización de recursos públicos para finalidades incompatibles cos principios de neutralidade, obxectividade e servizo ao interese xeral, exerceremos cantas

accións resulten procedentes en defensa do interese xeral e do correcto uso dos recursos públicos. Os veciños de Vila de Cruces merecen unha información institucional veraz,

plural e respectuosa coa neutralidade que debe caracterizar toda administración pública. Un Concello debe gobernar para todos e comunicar para todos. Porque as institucións son permanentes, mentres que os gobernos son temporais, e os recursos públicos nunca poden utilizarse para confundir a imaxe do Concello coa dun partido político".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page