O PP de Arzúa, Melide e Santiso instan ao PSOE estatal a manter os servizos públicos de transporte
- ecosdacomarca
- 24 abr 2022
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa/Melide/Santiso
Arzúa, Santiso e Melide únense unha vez máis para demandar dos gobernos municipais "unha resposta clara e contundente que vaia máis aló dunha misiva á Ministra de Transportes para rexeitar o recorte en servizos de transportes no interior coruñés", tal e como sinala o Partido Popular destes municipios.

Rafael Ribadulla, Dalia García e Matilde Pallares (voceiros de Arzúa, Toques e Santiso, respectivamente), indicaron nunha reunión comarcal en Melide, -onde analizaron as decisións tomadas na aprobación inicial do plan de transportes por parte do goberno de Sánchez-, que de ir adiante este documento e aprobarse así a lei “supoñería un esmorecemento progresivo das nosas vilas mingüando servizos tanto para veciños como para o propio Camiño de Santiago. En definitiva, condenando ao desterro ás vilas das nosas características que por cuestións sanitarias, laborais e de servizos centrais acoden á capital galega ou a cidade da muralla diariamente ademais do movemento entre os concellos da comarca que se produce mediante este medio de transporte que está máis que consolidado no territorio”.
Así mesmo, os populares subliñan que “o mapa proposto polo Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana é un auténtico despropósito que non contempla a realidade galega, é dicir, a convivencia entre o rural e o urbano ademais da dispersión poboacional propia do territorio”. Por este motivo, instan a que os gobernos bipartitos locais de Arzúa e Melide onde o PSOE é socio necesario así como o alcalde de Santiso (BNG) tome conta da situación e haxa unha resposta unánime a un problema creado en Madrid debido “á ansia de Sánchez de recortar servizos públicos dependendo e que territorios en aras da supervivencia do goberno Frankestein que estamos a sufrír”.
Commentaires