top of page

O PP de Agolada pide aos edís do PAYJ que se posicionen sobre manter ou pedir o cese de Calvo

Seijas explica “que a solicitude do PP xa non se dirixe a un Alcalde que ten máis que demostrado que non lle importa Agolada nin os seus veciños, senón que pretende dar unha última oportunidade os seus concelleiros de non ser os parapetos dun delito”


Ecos da Comarca/Agolada

Antes de coñecerse que Luis Calvo, alcalde de Agolada, presentará a súa dimisión, o Partido Popular de Agolada sinalou que "tras meditar e analizar a situación que neste intre esta vivindo o Concello de Agolada logo de que o TSXG confirmara nove anos inhabilitación ao alcalde Luis Calvo polo peche ilegal da empresa Farelo", ben de facer público que esta semana solicitará a convocatoria dun Pleno Extraordinario co fin de solicitar aos Concelleiros dos PAYJ que digan cal e a súa posición real ante esta situación e

asuman a súa responsabilidade.

ree

Os populares aclaran que a este Pleno "xa nin é necesario que acuda un Alcalde que saben que non fará nada polo ben de Agolada e o cal non lle importa nin o máis mínimo a imaxe do Concello". Aclaran que lles gustaría que "por unha vez os concelleiros do PAYJ tiveran voz no Pleno e aclarasen á veciñanza si están dacordo coa actuación do alcalde e a apoian o se polo contrario reproban a súas maneiras caciquís e ditatoriais".


A voceira dos populares, Carmen Seijas, explica “que a solicitude do PP xa non se dirixe a un alcalde que ten máis que demostrado que non lle importa Agolada nin os seus veciños, senón que pretende dar unha última oportunidade os seus concelleiros de non ser os parapetos dun delito”. Seijas apostilla que é a ultima oportunidade que darán a estes concelleiros de ser responsables e demostrar "que están pola legalidade e o sentido común se neste pleno tamén calan, estará claro que apoian as actitudes do alcalde e polo tanto xa non haberá volta atrás e serán encubridores do delito e esixiremos tamén a súa dimisión”.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Seijas aclara que o PP non pon en dúbida que apoien moralmente o seu líder. “Se queren confiar nel no persoal é entendible, pero deben asumir que Agolada non pode soportar máis esta sen razón e non deben de ser cobardes, pedir eles mesmos o cese do alcalde e

presentarse un deles para asumir a Alcaldía, senón o fan será que están dacordo co que fixo e fai”.


Os populares tamén plantexan directamente a Margarita Varela, Cruz Diéguez e José García unha pregunta: “Se eles estiveran no Goberno anterior do señor Calvo tamén mentirían no xuízo sobre a falsa Xunta de Goberno que cerrou Farelo? Cremos que os veciños teñen dereito a saber que pensan, e non solo estar cobrando os salarios polo seu silencio”.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Seijas conclúe: “É incrible que por exemplo, Margarita Varela cale cando o seu xefe condenado por corrupción ataca con mentiras sobre irregularidades nunca demostradas dun goberno do que ela formou parte, e sen embargo agora apoie sen fisuras a alguén que cometeu un delito”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page