top of page

O PP de Agolada insta ao alcalde a deixar de facer bandos municipais "para facer electoralismo"

Ecos da Comarca/Agolada

O PP de Agolada amosa "unha vez máis a súa sorpresa ante o novo bando municipal asinado por Luis Calvo, (“non colle enseño”), e ínstao a deixar de empregar un medio público de comunicación municipal para a información de servizos para facer campaña electoral e tratar de branquear a súa imaxe de xestor logo de ser coñecido que está sentenciado como corrupto".

Os populares pregúntanse se "esa publicidade enganosa sobre as obras que levan a cabo non debería ser feita cos fondos do PAYJ, no canto de gastar medios públicos como un Bando, e pídenlle, cando menos, que non falsee a realidade". “Pon as obras que se están facendo en Agolada e non menciona nin de refilón de onde saen os fondos para facelas, que practicamente son íntegros provenientes de Xunta e Deputación, porque el nin tan sequera é capaz de achegar a coofinanciación que lle corresponde ao Concello de Plan Extra, e ten que empregar fondos da Deputación que deberían ser empregados noutra cousa”, indican, “pero cando menos se as pon, debería cumprir coa obriga que teñen todos os financiamentos e subvencións recibidas e mencionar ou poñer os logotipos das administracións que poñen os fondos, no canto de tentar enganar aos veciños sobre a

saúde económica do Concello e ocultarlle a información”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A voceira dos populares, Carmen Seijas, anuncia que preguntará ao alcalde polo Plan de

inversións do Concello de Agolada con “fondos propios”, "ou se polo contrario ten ao Concello tan á quebra e endebedado que non poder facer nada sen axuda, ademais preguntarémoslle de onde proveñen os fondos das obras que mete no bando, pero somos conscientes de que non vai contestar, será incapaz de recoñecer que as administracións onde goberna o PP non se esquecen de Agolada”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Centro de Saúde e a súa cesión ao SERGAS

Os populares mencionan ademais que, no relativo "á subvención que vai pedir para o Centro de Saúde á Xunta (eficiencia enerxética) e que xa dá por concedida, que esa non é a solución “benvida sexa, pero a solución pasa por negociar co SERGAS a cesión da xestión do Centro de Saúde e que fagan unha rehabilitación profunda e responsable, o resto é poñer parches. Xa o fixo cos pendellos forzando ser titular dos mesmos e agora tenos abandonados, iso non é xestionar e malgastar”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page