top of page

O PP de Agolada esíxelle a Calvo que presente unha mellora da Rúa Xeral ao Plan Extra da Deputación

Lembra que esta é unha vella reivindicación da veciñanza e que xa presentou fai meses en pleno unha moción para que o goberno tivera preparado o proxecto


Ecos da Comarca/Agolada

O Partido Popular de Agolada ven de esixirlle ao alcalde, Luís Calvo, que aproveite o “Plan Extra” da Deputación de Pontevedra "para dunha vez por todas facer unha obra que a veciñanza leva anos reivindicando, o acondicionamento da Rúa Xeral". Os populares dinlle ao mandatario agoladense que xa fai uns meses foi levada a pleno unha moción onde se pedía que se fixese xa o proxecto e se solicitaran os permisos necesarios para facer unha obra "que é imprescindible para mellorar a calidade de vida dos veciños e tamén a

faciana de Agolada".

ree

“Trátase da vía que atravesa a vila e da noxo vela, esta sumida no abandono e cremos que o pobo tamén ten que amosar unha boa imaxe a quen nos visite ou simplemente vaia de paso, aparte debese mellorar a accesibilidade, a iluminación e mesmo as beirarrúas deben de cambiarse xa que tal e como están poden ata crear accidentes aos viandantes”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A voceira dos populares Carmen Seijas, deixa claro que para o seu equipo, esta obra "é

absolutamente prioritaria, e que levan anos reivindicando que se faga". Seijas indica que este é un momento inmellorable xa que a Deputación pon a disposición dos concellos un Plan que achegaría fondos suficientes para atender unha necesidade co cal non se debe de perder a oportunidade, "e mais cando o Concello non podería acometer esta obra tendo en conta o estado de quebra no cal o ten Luís Calvo". “Non tería nin que coofinanciar xa que pode facer como na Rúa Vazquez Pintor e empregar o “Plan + Provincia” para poñer a parte que lle correspondería ao Concello e unha vez máis a Deputación sacaríalle as castañas do lume a un alcalde que ten o Concello afundido”.


Seijas advirte que "non lle valerán ao mandatario e os seus novos “amigos” visto o último pleno do BNG, dicirlle aos veciños que esta rúa non é competencia municipal". "Que non lle mintan a xente, o Estado ten competencia sobre o firme da N-640, pero é o concello quen ten que arranxar as beirarrúas e as cuestións que atinxen a mobiliario urbano, iluminación, etc…, e senón é certo o que dicimos que esixan ao Goberno de Madrid o arranxo, pero eles saben que temos a razón e solo se trata de prioridades políticas, e de traballo, xa que é unha obra que precisa planificación”, afirma a voceira popular.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Os populares adiantan que no futuro porán de manifesto "a improvisación do alcalde nestas obras e a perda importante que está a ter Agolada por ter un Goberno inoperante".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page