top of page

O PP de Agolada denuncia "o illamento do Concello" tras quedar fóra da mancomunidade de Deza-Tabeirós

Ecos da Comarca/Agolada

O PP de Agolada denuncia "o illamento deste Concello tras quedar fóra da mancomunidade Terras de Deza-Tabeirós". "O noso municipio volve quedar á marxe das decisións estratéxicas da contorna ao ser o único concello da comarca, do norte da provincia de Pontevedra e da súa área de influencia que non se integra na nova mancomunidade Terras de Deza-Tabeirós, recentemente ampliada coa incorporación de A Estrada, Forcarei e Dozón".

Dende o PP consideran que esta situación "evidencia unha absoluta falta de ambición e responsabilidade por parte do goberno local, ao renunciar a formar parte dun organismo clave para a xestión compartida de servizos, a captación de investimentos e a mellora da calidade de vida dos veciños".


A portavoz popular, Carmen Seijas, é especialmente crítica ao sinalar que “é incomprensible que Agolada quede illada mentres todos os concellos da contornaapostan pola cooperación. Isto non vai de siglas, vai de traballar polos veciños, e aquí estase facendo xusto o contrario”.


Seijas engade que “nesta mancomunidade hai concellos de todas as cores políticas, do Partido Popular, do Partido Socialista e doutras formacións, o que demostra que aprioridade é sumar esforzos e non levantar muros, como está facendo o goberno de Agolada”.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A portavoz popular vai máis alá e asegura que “este novo goberno de Óscar Val segue exactamente a mesma liña que o anterior de Luis Calvo: illamento, falta de iniciativa e rexeitamento a colaborar con outras administracións”. Neste sentido, afirma que “queda claro que son o mesmo proxecto, coa mesma forma de pensar e coa mesma maneira de actuar, e quen o paga son os veciños de Agolada”.


Dende o PP consideran que esta decisión “non só resta oportunidades ao municipio, senón que o condena a quedar atrás mentres o resto da comarca avanza unida”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Por todo isto, os populares esixen ao goberno local que abandone “esta actitude de illamento permanente” e que inicie de inmediato os trámites necesarios para a incorporación de Agolada á mancomunidade Terras de Deza-Tabeirós, “poñendo dunha vez por todas os intereses dos veciños por riba de calquera outro cálculo político”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page