top of page

O PP de Agolada denuncia "o abandono das infraestruturas" e esixe un plan urxente de inversións

O grupo municipal reclama tamén a cesión dos locais sociais ás asociacións veciñais para facilitar o acceso a subvencións e reforzar a actividade comunitaria


Ecos da Comarca/Agolada

O Grupo Municipal do Partido Popular en Agolada presentará no vindeiro Pleno unha batería de iniciativas centradas na mellora das infraestruturas municipais e no apoio ao tecido asociativo do concello.

A principal proposta do grupo popular reclama a posta en marcha dun plan integral de actuacións que permita reverter o deterioro progresivo de pistas, camiños, edificios públicos e espazos municipais. Segundo sinalan, resulta imprescindible actuar con urxencia para mellorar a mobilidade, a seguridade e a calidade dos servizos públicos.


A iniciativa inclúe a elaboración dun informe técnico urxente sobre o estado das infraestruturas, a execución dun plan de reparación e conservación das vías municipais, a rehabilitación de edificios públicos e a implantación dun programa anual de mantemento preventivo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, o grupo municipal considera prioritario aproveitar os recursos procedentes doutras administracións, como a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, que dispoñen de liñas de financiamento destinadas á mellora das infraestruturas locais, co obxectivo de executar actuacións concretas nas distintas parroquias do municipio.


A voceira do grupo popular, Carmen Seijas, advertiu da necesidade de actuar con responsabilidade ante a situación actual: “Levamos anos vendo como o noso concello sofre un deterioro progresivo mentres o goberno local permanece inmóbil. Hai unha clara falta de planificación e de xestión que está a provocar o abandono das infraestruturas e dos servizos básicos. A administración municipal ten a obriga de cumprir coas súas funcións e garantir unhas condicións dignas para a veciñanza, e iso é precisamente o que estamos reclamando con esta proposta”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Cesión de uso dos locais sociais

Xunto con esta iniciativa, o grupo municipal defenderá tamén unha segunda moción orientada a reforzar o tecido asociativo local mediante a cesión dos locais sociais ás asociacións veciñais, co fin de facilitar a súa actividade e permitirlles acceder a subvencións para mellorar e acondicionar estes espazos.


Neste sentido, desde o PP destacan a importancia desta medida, especialmente despois da recente charla informativa organizada pola Deputación en Agolada, que contou cunha elevada participación de colectivos veciñais e na que se explicaron as oportunidades de financiamento existentes para a mellora dos locais sociais. Segundo sinalan, este encontro puxo de manifesto o interese real das asociacións e a necesidade de que o concello facilite canto antes a cesión de uso destes espazos.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Para o grupo municipal, ambas iniciativas responden á necesidade de impulsar investimentos reais, mellorar os servizos públicos e apoiar a vida social e comunitaria do municipio, atendendo ás demandas da veciñanza e ás necesidades do territorio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page