top of page

O PP de Agolada denuncia "a absoluta paralización do Concello dende a chegada de Óscar Val"

Non entende como aínda non se celebrou o Pleno de Organización e pregúntanse "se hai desidia ou se pola contra, división no seo do PAYJ para poñerse dacordo"


Ecos da Comarca/Agolada

O Partido Popular de Agolada ven de mostrar a súa preocupación "pola parálise que está a sufrir o Concello de Agolada logo da dimisión de Luis Calvo pola súa inhabilitación e a chegada a Alcaldía de Oscar Val". Os populares afirman "que nunca viron moito interese no novo Alcalde por poñerse a xestionar o concello unha vez o seu pasotismo como concelleiro estaba amplamente demostrado, pero síntanse sorprendidos que nin se quere o impulso de chegar ao poder o leve a tomarse o cargo en serio. Nin el nin ningún dos seus concelleiros moveron un dedo nestas datas, máis aló de facer postureo en algún acto”.

Carmen Seijas, voceira do PP de Agolada.
Carmen Seijas, voceira do PP de Agolada.

O PP di que estivo este tempo en silencio esperando a ver como resultaba o novo goberno, "pero pasan os días e non se ve unha sola iniciativa, dando mais a sensación de estar aproveitándose do seu cargo para ir cobrando que de xestionar". A voceira dos populares Carmén Seijas indica que “ isto é incrible, xa case se cumpre o mes dende a súa toma de posición, en un equipo que debería estar cohesionado, aínda non sabemos como quedaran as novas áreas e competencias, no pobo xa se rumorea que entre o equipo hai moita división e esa falta de acordo é a que está motivando todo este parón. Polo visto todos queren mandar, pero o por traballar non se pegan, solo por ver quen salva a súa cara”.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Dende as filas do PP amósanse preocupados xa que "hai moitas cuestións por debater para o futuro do Concello e nestes primeiros meses hai moitos programas e oportunidades que non se deberían desaproveitar".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Moción para crear vivenda pública nas antigas casas dos Mestres

Carmen Seijas, anuncia por exemplo que dende o PP se meteu para o seu debate e aprobación unha moción na para que Concello solicite a cesión da titularidade a Xunta de Galicia das antigas Casas dos Mestres e poñerse a traballar nas mesmas para converter as mesmas en vivenda publica. "En Agolada aínda temos en pé 6 casas dos mestres que levan anos en desuso, parte delas xa estaban cedidas na época do anterior goberno e as outras están en proceso de cesión por parte da Consellería, que ben poderían ser destinadas para rehabilitar e ofertar como vivenda social sempre e cando sexa viable tecnicamente a súa rehabilitación e sempre e cando o Concello se faga cos terreos necesarios para darlles un acceso fóra do recinto escolar”, afirma Seijas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Así mesmo, na moción tamén se indica que “outra opción sería a de adquirir por parte do Concello casas á venta no rural e incluso dispoñer de terreo público para vivendas de protección oficial como as xa 18 existentes e que foron entregadas fixo xa 25 anos ,alá polo ano 2005”.


Os populares instan ao goberno a dar pasos para "resolver os problemas do agoladenses e quedeixen de lado os seus problemas internos para facer o que lle pagan os veciños gobernar".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page