top of page

O PP de Agolada agradece a achega da Deputación para a Rúa Vázquez Pintor e afea ao goberno local

26 jun 2025
3 min de lectura

Ecos da Comarca/Agolada

O Partido Popular de Agolada felicitase pola achega que a Deputación de Pontevedra fará ao Concello de Agolada para poder levar a cabo a humanización da Rúa Vázquez Pintor e que será da totalidade do custe da obra con máis de 595.000 €. Os populares explican que "unha vez máis se ve nesta subvención concedida a través do Plan Extra que o organismo provincial presidido por Luís López non abandona a ningún Concello a súa sorte, e recorda que este Plan foi ampliado en canto aos seus fondos co fin de garantir que todos os concellos tiveran axuda".

Carmen Seijas durante a súa intervención nunha rolda de prensa hai semanas. Autor: Ecos da Comarca.
Carmen Seijas durante a súa intervención nunha rolda de prensa hai semanas. Autor: Ecos da Comarca.

Os populares non obstante critican que o Concello de Agolada "non poña dos seus fondos a parte que lle correspondería para cofinanciar as obras de 95.000 € e que Luís Calvo tivera que usar os tamén fondos provincias do Plan + Provincia para poder levala a diante". "É unha vergoña e unha demostración de que a economía do Concello de Agolada está como está, Luís Calvo ten o Concello afixiado, e estes fondos do Plan + Máis Provincia que deberían ser empregado en mellorar as pistas e outras infraestruturas no rural, teñen que ser empregados para salvar unha subvención onde o concello non ten para poñer a súa parte”. O PP pregúntase "se este non é o auténtico motivo de ter o rural abandonado ou mesmo deixar obras a medias como a pista da parroquia de Berredo".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A voceira dos populares Carmen Seijas "deixa constancia que unha vez máis vese que nos non mentimos cando dicimos que Agolada está en quebra e que todas as inversións realizadas veñen de Xunta e Deputación, sabemos que nos criticaran por agradecelo, pero dicímoslle a quen o fai, Goberno e BNG, que nos sempre imos estar esixentes con todos os que deben investir en Agolada, e agradecidos se o fan, sexan da cor que sexan”.


Seijas, afirma ademais que "despois o alcalde fará publicacións falando de obras que non pode nin poñer a súa parte", e indica que “non é ningún descobremento que nós apostamos no seu momento porque o Plan Extra atendera a mellora da Rúa Xeral, as beirarrúas e parte peonil que corresponde ao Concello, pero sempre imos estar de acordo con que se mellore o pobo e polo tanto, estamos contentos con esta obra”.


"A imaxe de Agolada danada por un alcalde corrupto"

Os populares fanse eco ademais dunha cuestión que non pasou para eles inadvertida e que o seu entender non é menor. "Dan conta de que nas redes sociais e notas de prensa a totalidade dos alcaldes da provincia acudiron ao Pazo Provincial a asinar os convenios que achegan os fondos do Plan Extra a excepción do rexedor agoladés e indican que isto se debe sen dúbida, a que ninguén quere saír na foto cun alcalde condenado a tres anos e medio de cárcere e 13 de inhabilitación, a corrupción ten estas cousas que ninguén esta disposto a manchar a súa imaxe posando cun corrupto”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Seijas indica que “o problema non é solo esta sinatura que houbo que facer a distancia, o

problema é que non se puído aproveitar este acto para falar co presidente e explicarlle as

necesidades do Concello, e moito me temo que esta vai ser a tónica con outros cargos. Xa

viñamos advertindo que ter co bastón de mando a un alcalde corrupto podía traer

consecuencia nefastas para o Concello, a primeira delas a imaxe, e isto solo acaba de

empezar”.


Non obstante os populares insisten en que eles "seguirán traballando a par dos veciños e trasladando a s súas inquietudes e necesidades onde proceda, un alcalde tramposo nunca poderá afundir a Agolada mentres non esteamos aquí”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page