top of page

O PP cruceño leva ao pleno unha moción de apoio á natalidade "ante a pasividade do goberno local"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces presentará no pleno que se celebrará hoxe unha moción para a posta en marcha dun programa municipal de apoio á natalidade e á fixación de poboación, "ante a absoluta pasividade e falta de iniciativa do goberno municipal nesta materia".

"Dende o PP levamos tempo advertindo da grave situación demográfica que atravesa o noso concello, cun descenso continuado de nacementos e perda de poboación que, por primeira vez en anos, situou a Vila de Cruces por debaixo dos 5.000 habitantes. Un feito especialmente preocupante, xa que implica consecuencias directas no financiamento, nos servizos públicos e no futuro do municipio", recalcan os populares.





 PUBLICIDADE

A pesar desta realidade, o goberno local, considera o PP, "continúa instalado na inacción, sen impulsar nin unha soa medida efectiva para apoiar ás familias nin para favorecer o asentamento de poboación, algo que resulta difícil de comprender dada a importancia estratéxica desta cuestión".


A moción que defenderá o Partido Popular propón a creación dun programa de axudas á natalidade baseado nun modelo mixto, cun apoio total de ata 3.000 euros por fillo/a durante os tres primeiros anos de vida, combinando axuda económica directa ás familias con bonos ou “cheque bebé” destinados á compra en establecementos do municipio.

"Este sistema permitirá non só aliviar o custo económico que supón ter un fillo/a, senón tamén garantir que unha parte importante destas axudas repercuta directamente no comercio local, xerando actividade económica e apoiando ao tecido empresarial do concello", salienta.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con esta iniciativa, o PP de Vila de Cruces pretende dar unha resposta real a "un dos principais problemas do municipio, apostando por políticas útiles que contribúan a fixar poboación, apoiar ás familias e dinamizar a economía local. Dende o Grupo Popular agardamos que o goberno municipal abandone a súa actitude pasiva e se sume a esta proposta, que non é unha cuestión ideolóxica, senón unha necesidade urxente para Vila de Cruces".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page