top of page

O PP cruceño denuncia "a falta de mantemento e conservación da área recreativa da Carixa"

18 ago 2023
2 min de lectura

"É unha auténtica vergoña que teñamos que denunciar esta situación que afecta gravemente á imaxe turística de Vila de Cruces", considera


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular denuncia "a falta de mantemento e conservación" da área Recreativa A Carixa situada na parroquia de Merza. "É lamentable que en plena campaña de verán e mentres os veciños que queren gozar así como os turistas que recibimos nesta área natural teñan que sufrir a desidia e falta de mantemento do actual Goberno Local".

Os concelleiros populares visitaron as instalacións e sinalan que "comprobamos de primeira man as queixas veciñais, tales como varandas de madeira rotas e en mal estado desde fai practicamente máis dun ano; os aseos están pechados ao público debido a desaugadoiros atrancados producindo un cheiro insoportable, o parque de xogos sen revisión algunha e sen reparar, falta de mantemento e de recuperación de zonas verdes. En definitiva o que demandan os veciños e turistas son os piares máis básicos para gozar dun espazo público de xestión municipal".


En pleno agosto, critican, que "é unha auténtica vergoña que teñamos que denunciar esta situación que afecta gravemente á imaxe turística de Vila de Cruces. Os hostaleiros situados nesta área levan solicitando unha solución urxente ao mantemento e conservación da Carixa pero sen solucións por parte do Goberno local. Solicitamos urxentemente que o Goberno local actúe inmediatamente en solucionar os puntos indicados anteriormente e que presente, como xa requirimos hai meses, unha planificación detallada do mantemento e conservación dos espazos naturais máis emblemáticos da nosa zona."


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, recalca que "lembramos unha vez máis que un Goberno local con tres dedicacións exclusivas e cun asesor de comunicación con soldo galáctico deberían estar máis no terreo día a día para comprobar o que estamos a denunciar no canto de focalizarse unicamente en redactar notas de prensa de cinema de ciencia ficción na súa periódico que pagamos todos os veciños. Estamos cansados de mentiras e fantasías por parte do Sr. Taboada que o único que nos está facendo é danando a imaxe de nosa Vila de Cruces, e damos pasos axigantados cara atrás".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page