top of page

O PP cruceño organiza un encontro para abordar propostas sobre turismo, cultura e hostalería

Tratouse a creación dunha plataforma dixital gastronómica, a institucionalización do 21 de agosto dedicado a Paco Lareo, a posta en marcha dunha feira da Arte e da Artesanía ou a promoción do Camiño Holandés


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces organizou o evento CONVERSAS co sector do TURISMO, CULTURA e HOSTALERÍA. "Tivemos o privilexio de contar co apoio e a presenza do conselleiro Román Rodríguez que se desprazou onte ata a Fundación Paco Lareo – A Solaina de Piloño, para escoitar e apoiar as nosas iniciativas, cunha ampla representación e participación dos distintos sectores", sinalan os populares.


Baixo o lema Percorrendo Vila de Cruces desenvolvéronse abordaron tres bloques acerca da promoción dos distintos sectores. "Unha das novidades que presentamos desde o Partido Popular é a creación da plataforma dixital gastronómica Percorrendo Vila de Cruces que aglutina a promoción dos sectores do turismo, da cultura e da hostalería. Unha das iniciativas de promoción comentada e acollida con entusiasmo durante o

coloquio foi a organización dun taller gastronómico do noso prato estrela, feito por nenos e nenas de Vila de Cruces, baixo a batuta do profesor Ánxel Carbia, na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela".

Outra das novas propostas é a institucionalización do 21 de agosto como o día dedicado a Paco Lareo, fundador da Fundación Paco Lareo - A Solaina, e a creación da feira da Arte e da Artesanía con exposicións, conferencias, actos culturais e musicais, en colaboración coa Xunta de Galicia.


Tamén destaca a colaboración e difusión co Galaico Brass Festival, un dos festivais máis importantes que congrega durante unha semana a distintos profesionais do eido musical a nivel internacional.


"No referente ó turismo, destacar a promoción do Camiño Holandés, o estudo da variante do Camiño Real e a potenciación do Desenclavo de Oirós na Semana Santa. Tamén se organizarán Tours Itinerantes ó longo do ano, tanto no interior como no exterior da Comunidade Autónoma. Así mesmo, haberá unha promoción especial durante todo o ano, cos distintos colectivos musicais co fin de incentivar e reactivar a súa difusión", explica,

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais, o PP sinala que ntes de rematar ó encontro, "a nosa compañeira Vanessa Trigás, aproveitou a ocasión para dar traslado e facer entrega ó conselleiro dunha memoria que nos achegou a ANPA de Cerdeiriñas no referente ás melloras urxentes que precisa este colexio debido á antigüidade do edificio, melloras que o conselleiro se comprometeu a analizar e abordar. En canto ó CEIP de Vila de Cruces, tamén se comunicou a petición da ANPA da reunificación do colexio infantil e primaria, a cal, o conselleiro considera favorable. Estamos inmensamente agradecidos a tódalas persoas que asistiron a esta xuntanza, e desde o Partido Popular, comprometémonos a seguir traballando para conseguir a reactivación e o crecemento en Vila de Cruces. Queremos que o noso concello sexa un atractivo e un referente para calquera persoa que desexe gozar da nosa gastronomía e do fermoso entorno que nos rodea. Para que isto sexa posible, precisamos do apoio de todos, da hostalería, do turismo rural, da artesanía, da cultura e, por suposto, o apoio da Xunta de Galicia".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page