top of page

O PP cruceño acusa ao goberno local de non tramitar o Ciclo Superior de Enerxías Renovables

Di que tras propoñelo o grupo popular no Pleno e ser aprobado non se fixo aínda nada correndo o risco de que se deixe marchar para outros concellos da contorna


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo do Partido Popular de Vila de Cruces, a través do seu portavoz, Jesús Otero, quere poñer en coñecemento dos veciños, "unha vez máis, a deriva na que se atopa o concello, cun equipo de goberno que está a deixar o noso municipio endebedado gastando os recursos públicos sen control e sen ningún tipo de procedemento administrativo legal, utilizando ditos fondos para beneficios particulares, buscando así un

claro rédito electoral".

"Pero, o máis lamentable, é que a día de hoxe, o Ciclo Superior de Enerxías Renovables, despois de ser proposto polo noso portavoz e aprobado en Pleno, este goberno municipal non tramitou absolutamente nada diante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, correndo o risco de que o mencionado ciclo se deixe marchar para outros concellos da contorna. A isto, engadir que o Concello de Vila de Cruces, non dispuxo de fondo algún dos 300.000 euros propostos polo noso grupo para realizar as actuacións precisas no centro co fin de construir as aulas e talleres precisos para cumprir coa

normativa e poder ofertar este Ciclo Superior".


Ante isto, sinala que "resulta desolador, que un concello dunha zona rural (que cada ano perde poboación) e, en risco de pasar a terceira categoría, non faga absolutamente nada por revertir esta situación. O noso grupo está a favor de asfaltar, pero sen abandonar a xestión das cousas importantes e dos procedementos administrativos, seguindo así un

plan de asfaltado real e rendible, conforme a Lei de Contratos. Sen embargo, estamos ante outra realidade, na que o único plan do actual goberno local é un claro acto de compra de votos máis propio da época predemocratica que do ano 2023. A estes efectos, debemos recordar que a Lei Electoral é clara, e desde fai semanas está prohibido que os concellos realicen obras e determinadas actividades que só buscan o beneficio electoral", recalca o grupo popular.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Peche dunha empresa de Gres

Unha vez máis, apunta, "comprobamos que as prioridades deste goberno distan moito das da veciñanza pois, mentras está a deixar o concello fundido a todos os niveis, no día de onte (por domingo), tivemos o coñecemento de que unha importante empresa asentada en Gres, adicada ó sector madeireiro e que empregaba máis de 20 persoas, acaba de cesar a súa actividade, deixando a todas estas familias nunha situación extrema".


E insiste en que "levamos catro anos pedindo nos Plenos, que se empregasen os máis de

2M€ de remanente na posta en marcha do Polígono Agroforestal de Aguillós, para precisamente poñer a disposición das empresas, solo público para promover a actividade económica, emprego e, en definitiva, para promover, diversificar e dar futuro ao municipio. A realidade é que esta mistura de grupos non fixeron nada por rematar este Polígono Agroforestal polo simple feito de ser algo tramitado polo noso grupo. Así, o noso traballo de dura tramitación administrativa durante case catro anos (2015 a 2019) quedou en nada e, o máis lamentable, é que eses máis de 2M€ de remanente reservados para este fin, foron gastados sen control".


Estamos seguros, considera o PP, "que os veciños e as veciñas queren inversión en educación, economía e emprego, pois deste xeito, acadaremos desenvolvemento económico, social e demográfico, logrando así un municipio con futuro. Porque se hai formación e educación, hai progreso nun pobo".




Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page