top of page

O portavoz do PP Cruces Ramón Otero Saavedra será o máximo coordinador orgánico do PP neste concello

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces inicia unha nova etapa organizativa co nomeamento de Ramón Otero Saavedra como máximo coordinador orgánico da formación no municipio. O actual portavoz do grupo municipal asume esta responsabilidade para coordinar o partido e pilotar a transición interna na localidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ramón Otero Saavedra, que nestes momentos exerce como portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Vila de Cruces, asume este rol de responsabilidade organizativa para sincronizar a acción política institucional co traballo e escoita cos afiliados e cos veciños.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Con esta decisión, o PP cruceño asegura unha transición ordenada, xa que a figura de Ramón Otero como coordinador garante unha liña de continuidade e estabilidade para Vila de Cruces, unha prioridade estratéxica para a formación popular na comarca do Deza.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O obxectivo prioritario é manter o partido activado, cohesionado e plenamente operativo para sentar as bases e fortalecer a estrutura de cara ás eleccións municipais de maio de 2027, ofrecendo un proxecto sólido e renovado para recuperar a Alcaldía de Vila de Cruces.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page