Celebrouse unha sesión extraordinaria e urxente a fin de evitar perxuizos á UTE adxudicataria polos traballos que están xa rematados
Ecos da Comarca/Silleda

O modificado da obra da nova casa consistorial de Silleda foi aprobado definitivamente este luns, nunha sesión plenaria extraordinaria e urxente. Este modificado, de carácter técnico e que non implica un aumento económico, fora aprabado inicialmente na sesión plenaria do pasado día 1, se ben estaba pendente dos informes da Dirección Xeral de Patrimonio e da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), así como do preceptivo
trámite de audiencia ao contratista e ao redactor do proxecto orixinal da obra.
Publicidade
“Tanto o informe de Patrimonio como o de AESA xa chegaron, pero hai que traer o asunto ao pleno de novo polas alegacións que presentou o arquitecto autor do proxecto”, indicou o alcalde, Manuel Cuiña, que ademais xustificou a urxencia da sesión pola necesaria axilización dos trámites “e así evitar un perxuizo económico á empresa adxudicataria”.
Cuiña avanzou que de non terse presentado ditas alegacións, a modificación quedaría aprobada de facto, ao contar cos citados informes. A proposta ao pleno pasaba por rexeitar as alegacións do arquitecto autor do proxecto orixinal, Abrahan Castro, tendo en conta o informe elaborado ao respecto pola dirección facultativa da obra.
Publicidade
O único asunto da orde do día saíu adiante cos votos a favor do grupo de goberno, a abstención do BNG e os votos en contra do PP.
Comments