top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Pleno de Melide aproba uns Orzamentos 2025 expansivos e con claro foco no gasto social e nos investimentos

Ecos da Comarca/Melide

O Pleno municipal de Melide levou a cabo a aprobación inicial, na súa sesión ordinaria do xoves 28 de novembro, do proxecto de Orzamentos para o exercicio 2025. Unhas contas axustadas ás necesidades do municipio atendendo aos datos de anteriores exercicios, e que salientan polo seu carácter expansivo e centrado no gasto social e nos investimentos. Os Orzamentos medran un 31,50% a respecto dos de 2022, ascendendo a un total de 9.577.033,77€. Máis dunha cuarta parte irá destinada a servizos sociais.

Autor: Ecos da Comarca.

Por capítulos, os orzamentos prevén que para Servizos Sociais, Servizos Básicos, Inversións, Cultura, Educación e Deportes supoñen o 77% de todo o gasto do orzamento

para o 2025. Non hai, no capítulo de xuros, pagamentos por amortización de préstamos.

É de destacar, neste sentido, que o Concello de Melide carece de débeda bancaria actualmente.


Enfoque social

Os Orzamentos 2025 destacan polo seu fincapé no gasto social. A axuda ao domicilio contará cun investimento próximo a 1.250.000 euros, que supón 26% do gasto corrente.

Os servizos básicos achegaranse aos 2.270.000 euros (case un 24% do gasto corrente), mentres que cultura e educación recibirán 902.426,57 euros, o que supón un 9,42% do

gasto corrente. A área de Deportes contará cun orzamento superior aos 225.000 euros.

En total, o financiamento dos servizos básicos, os investimentos, os servizos sociais, a

cultura, a educación e máis os deportes correspóndese co 77% do Orzamento de 2025.


Para o 2025 as subvencións nominativas de apoio ao sector asociativo da vila van destinados 215.000 €, a maior cantidade destinada nunca nun orzamento, o que supón a

maior aposta polas asociacións tanto culturais, deportivas e de outro ámbitos. Destacar que por primeira vez van destinados 18.000 € de apoio as festas das parroquias.


Publicidade

"Un Orzamento axustado á realidade"

O Concello de Melide salienta que "se trata dun Orzamento realista e razoable, axustado ás necesidades económicas constatadas en exercicios anteriores a través das liquidacións reais. Uns orzamentos que aposta por mellores servizos, mellores

infraestruturas, mais apoio á cultura, ao deporte, ao comercio e mais atención os servizos

sociais. En definitiva un orzamentos para o 2025 pensados para Melide e para a súa veciñanza".


0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page