top of page

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobará a humanización da rúa da Raña, en Rodeiro

"Trátase dunha actuación moi importante para o noso concello", sinala o alcalde de Camba, José Luis Camiñas


Ecos da Comarca/Rodeiro

O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobará a humanización da rúa da Raña, en Rodeiro, tal e como informou onte o alcalde de Camba, José Luis Camiñas. "Trátase dunha actuación moi importante para o noso concello".

.  Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este proxecto, explica, que abrangue dende o Centro Cultural ata a estrada PO-533, contará cun investimento de algo máis de 588.000 euros, dos cales 500.000 euros son financiados pola Deputación de Pontevedra a través do II Plan Extra. "Trátase dunha rúa clave para a vida diaria de Rodeiro, na que se atopan numerosos servizos e negocios: varias vivendas, un hostal, un albergue, dous restaurantes, unha carnicería, a cooperativa do Rodo, o cuartel da Garda Civil e as instalacións deportivas municipais".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Polo tanto, apunta Camiñas, "estamos ante unha actuación que non só mellorará a mobilidade e a seguridade, senón que tamén lle dará un novo impulso a esta zona, converténdoa nun espazo máis dinámico e cunha imaxe renovada para todo o pobo.  Cando o Concello de Rodeiro fai ben o seu traballo, os resultados chegan. Conseguimos importantes axudas que nos permiten seguir mellorando os nosos espazos públicos e a calidade de vida da veciñanza. O goberno cumpre os seus compromisos.  A rúa da Raña será unha realidade humanizada moi pronto. Seguimos traballando por Rodeiro".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page