top of page

Medio milleiro de barcos estarán o 22 de marzo na Pobra do Caramiñal contra Altri e a Mina de Touro

A PDRA alerta do “perigo” logo da sentenza do TSXG sobre as irregularidades nas tramitacións ambientais da Xunta


Ecos da Comarca/Xeral

Un total de 500 barcos das listas 3ª e 4ª da Ría de Arousa estarán o 22 de marzo na Enseada da Pobra do Caramiñal na manifestación por terra e por mar” convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) contra os proxectos da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei e a reapertura da Mina de Touro-O Pino, que a Xunta de Galicia está a tramitar como “Proxectos Industriais Estratéxicos”. A PDRA está a ultimar os preparativos desta manifestación “na defensa do noso mar e a nosa terra”, que decorrerá o Día Mundial da Auga desde a estación de autobuses ás 12 do mediodía até o peirao da Pobra e na

Praza do Emigrante o concello ubicará o palco coa megafonía.

foto

A PDRA celebrou este mércores unha reunión preparatoria da loxística precisa para levar a cabo esta grande mobilización, na que contou co apoio da CIG e de Adega, ademais dos patróns maiores das confrarías da Ría, as asociacións de mariscadoras e os colectivos contra Altri e a Mina de Touro-O Pino. Haberá autobuses desde distintos puntos de todo o país para trasladar aos participantes na manifestación ata A Pobra do Caramiñal. A mobilización xa foi comunicada o 20 de febreiro á Subdelegación do Goberno na Coruña e o pasado 27 de febreiro tamén na delegación da Consellería do Mar en Carril (Vilagarcía de Arousa), para que notifique ao Servizo de Gardacostas que as embarcacións da terceira lista se van a desprazar ese día entre os portos da ría e A Pobra para asistir á mobilización.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sentenza do TSXG

O presidente da PDRA, Xaquín Rubido, considera que “temos máis motivos aínda ca onte para manifestarnos” logo de coñecerse a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula varios artigos do Decreto 102/2023 de 15 de xuño da Xunta de Galicia que regula as tramitacións administrativas coma as de Altri e a Mina de Touro-O Pino pola “privatización da tramitación das avaliaciónsambientais” que fai o goberno galego e que vén de tombar o TSXG.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Na terra e no mar estamos en perigo, o máis alto tribunal galego vén de decirlle á Xunta que as súas tramitacións ambientais non son acordes coa lei”, sinala Rubido, que instou de novo ao goberno de Rueda a “paralizar dunha vez por todas estes proxectos industriais contaminantes, espoliadores do territorio e que poñen en perigo o futuro do noso sector primario”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page