top of page

O Pino destina 119.000 euros do POS+ de gasto social a reforzar o servizo de axuda a domicilio

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O PP vota en contra e o PSOE a favor da moción do BNG que reclama que se rexeite o novo proxecto da mina de Cebreiro


Ecos da Comarca/O Pino

O Concello do Pino acordou no último pleno ordinario do ano destinar a reforzar o servizo de axuda a domicilio a práctica totalidade do POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios de 2025. A Corporación aprobou a proposta do equipo de goberno para que 119.912,13 euros sexan para cubrir a parte da achega municipal ao servizo de axuda

a domicilio na modalidade de dependencia, e os 35.468,45 euros restantes para reforzar e

ampliar o persoal técnico ou administrativo do departamento de Servizos Sociais.


O plan estratéxico de subvencións, o regulamento do uso dos pavillóns municipais, a aprobación da política de seguridade da información do Concello en colaboración doa

Deputación, e a ordenanza para protexer os camiños municipais das actividades de

extracción da madeira foron aprobadas por unanimidade. O PP sacou adiante a moción para rexeitar o taxazo do lixo que quere aplicar o goberno central “e que vai multiplicar por tres o catro o recibo do lixo nos fogares”, e rexeitou a moción do BNG reclamando que se rexeite o novo proxecto da mina de Cebreiro.


Na sesión, celebrada este luns, tamén se aprobou o plan estratéxico de subvencións para

trienio 2025-2027 e que se aplicará tanto as subvencións concedidas en réxime de concorrencia competitiva ou as nominativas previstas nos orzamentos municipais, como xa

incluía o que está en vigor.

Este plan integra as liñas de subvencións do Concello referidas ao fomento da promoción do deporte, a cultura, a xuventude e o fomento turístico no municipio (liña 1); o fomento da acción social e da natalidade, o acceso á educación e a protección das familias (liña 2). O

fomento do sector primaria (liña 3), da saúde animal (liña 4) e o fomento do desenvolvemento económico local, comercio e emprego (liña 5) tamén aparecen reflectidas no plan estratéxico.


Tamén se aprobou onte a ordenanza municipal para protexer e conservar os camiños e vías municipais en relación coas operacións de corta e saca de madeira do municipio, para facer compatible a actividade forestal coa preservación do medio natural, dos bens municipais e da seguridade viaria. Entre outras cuestións, a ordenanza establece a obrigatoriedade para os madeireiros da comunicación previa da corta e saca de madeira cando o volume estimado supere as 20 toneladas ou que a superficie catastral da parcela sexa superior aos 600 metros cadrados.


En función da superficie da parcela, a ordenanza establece unha fianza previa obrigatoria que varía entre os 500 euros (para leiras de 10.000 metros cadrados); 1.500 euros (ata 20.000 metros cadrados), 4.000 euros (ata 3 hectáreas) ou 6.000 euros se a leira supera os 30.000 metros cadrados de superficie. O punto aprobouse por unanimidade (ao igual que os anteriores), despois de modificar o importe das sancións contempladas no artigo 10, de xeito que a sanción leve implicará unha multa de 300 a 500 euros; a grave, de 500,01 a 1.500 €, e as moi graves de 1.500 a 3.000 euros.


Usos dos polideportivos municipais

No pleno tamén se aprobou por unanimidade o regulamento de uso dos pavillóns municipais do Pino, que ten por obxectivo favorecer o uso e gozo máis propicio destas

instalacións e garantir un uso responsable e eficiente das instalacións deportivas cubertas e facilitar a convivencia entre todas as persoas usuarias.


Os clubes deportivos terán preferencia á hora de solicitar os uso dos pavillóns sexa esta para toda a temporada, no período de verán ou para outras vacacións escolares. As reservas puntuais das pistas para uso libre deberán facerse a través do departamentos de

Deportes do Concello cunha semana de antelación. Para facilitar estes trámites, o Concello

está a habilitar unha plataforma dixital de reservas.


O uso dos pavillóns durante a fin de semana quedará supeditado a que exista dispoñibilidade unha vez atendidas tanto as competicións referentes ás Escolas Deportivas Municipais como as dos clubes.


O máximo que se permitirá reservar será de 2 horas diarias ou 4 semanais. As taxas polo uso dos pavillóns son as establecidas na ordenanza fiscal número catro, publicada no BOP do 26 de decembro de 1998.


Publicidade  


A Corporación do Pino tamén modificou onte a composición da mesa de contratación permanente do Concello, que pasa a estar integrada polo alcalde, como presidente, e que terá como vogais á secretaria-interventora, ao técnico de xestión económica, e ao arquitecto técnico; e como secretaria a unha administrativa das oficinas xerais.


Moción contra o taxazo do lixo

O Partido Popular presentou ao pleno unha moción para rexeitar a obrigatoriedade que establecer unha taxa de residuos nos concello para repercutir o custo íntegro da recollida,

xestión e tratamento de residuos aos cidadáns a partir do 10 de abril de 2025, que o alcalde cualificou como o “taxazo do lixo”. A proposta, aprobada cos votos a favor do PP e BNG e o voto en contra do PSdeG, solicitáselle ao goberno de España que se respecte a autonomía municipal para fixar os seus propios tributos, permitindo que os concellos poidas aliviar a carga impositiva á cidadanía con recursos económicos dispoñibles no orzamento municipal.


A moción tamén solicita, entre outros puntos, derogar a obrigatoriedade da implantación e

aplicación da taxa de residuos en todos os municipios e polo 100% do custo contemplada na Lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular. O grupo socialista votou en contra da moción ao ser partidario de que quen contamine paga.


Na defensa da proposta, o alcalde, Manuel Taboada, criticou ao goberno de Pedro Sánchez por aplicar en España unha normativa de Bruxelas que outros países da Unión Europea aínda non están a poñer en marcha, “cando sabemos que o recibo do lixo vaise multiplicar por 3 ou por catro en canto entre en vigor, perxudicando á veciñanza, sobre todo nas vivendas unifamiliares”, asegurou.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A iniciativa presentada polo BNG contra a reapertura da explotación mineira de Cebreiro, nos concellos do Pino e Touro, foi rexeitada cos votos en contra do PP, e a favor do grupo

nacionalista e do PSdeG. José Luis Vidal Brocos (BNG) defendeu a moción indicando que o proxecto presentado por Cobre San Rafael é o mesmo que o de 2017 que xa fora rexeitado pola Xunta. No mesmo senso se manifestou o grupo socialista, que tamén apoiou a moción. A proposta solicitaba a oposición do Concello do Pino ao proxecto de apertura da explotación mineira tanto polas súas graves afeccións ambientais como pola hipoteca que pode supoñer no desenvolvemento económico do municipio. A proposta nacionalista pide que o Concello solicite ao órgano ambiental da Xunta que non admita a solicitude do promotor da explotación en base ao artigo 39 da Lei de avaliación de impacto ambiental.


O alcalde, Manuel Taboada, argumentou o voto en contra do PP indicando que o proxecto actual inclúe melloras respecto ao presentado en 2017. O alcalde indicou que é preciso agardar a que se emitan todos os informes técnicos dos diferentes organismos que deben autorizar a mina. “Se todos os informes sectoriais son favorables será porque o proxecto

cumpre coa legalidade. De momento toca agardar a que se pronuncien os técnicos, para coñecer eses informes”, dixo Taboada para xustificar o voto en contra do PP, polo que a

moción foi rexeitada.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page