O pequeno gran Christian Costoya queda subcampión de Italia
- ecosdacomarca

- 30 ago 2021
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O piloto silledense de karts Christian Costoya segue aumentando a súa colección de trofeos tras triunfar este domingo en Italia: quedou subcampión italiano Karting MINI GR.3. Acabou o campionato italiano cun primeiro e segundo posto en Battapaglia e estivo só a catro puntos de lograr o título.

Esta fin de semana celebrouse a última proba do campionato ACI Karting. "Este domingo partíamos na primeira posición para a carreira 1, liderando ata a última volta na que fomos superados por un rival, cruzando a liña de meta en P2", indican dende o equipo de Costoya. "Xa na segunda carreira tocaba saír en P7, unha boa saída colocábanos en P3 na primeira volta, alcanzando pronto P2, xa na volta final conseguimos adiantar e gañar a carreira", apuntan. "Gracias a todo o equipo Parolin Racing Kart polo seu gran traballo e a todos os que me apoiades".






Comentarios