O Partido Animalista celebra a suspensión cautelar da caza do lobo en Galicia
- ecosdacomarca
- 12 jun
- 1 Min. de lectura
Anima ao restos de comunidades autónomas a seguir o exemplo da galega
Ecos da Comarca/Xeral
O Partido Animalista PACMA celebrou este xoves a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de suspender preventivamente os controis letais sobre lobos na comunidade galega, unha medida que se aplicaba baixo o pretexto dos ataques ao gando. A resolución xudicial, froito dun recurso contencioso-administrativo de WWF, lembra que “os danos ao gando son indemnizables, a deterioración ecolóxica non”.

PACMA, que organizou dúas concentracións pola defensa do lobo ibérico, considera que este auto supón un importante respaldo á súa protección e un precedente para outros Tribunais que teñan presente a mesma situación. "O lobo é unha especie esencial para o equilibrio dos ecosistemas e que leva anos sendo vítima de campañas de criminalización alentadas por unha banda do sector gandeiro, da caza e unha clase política submisa ás súas esixencias", apunta o presidente nacional do Partido, Javier Luna. A formación política denuncia que "non se pode seguir lexislando ao ditado dos gandeiros" e lembran que existen medidas "éticas, eficaces e non letais" para a convivencia coa fauna silvestre.
Publicidade
PACMA, que solicitou ao Goberno e grupos parlamentarios que deteñan a matanza de lobos e que este martes presentou un extenso escrito de alegacións contra a rebaixa da súa protección en Europa solicitando tamén ao Goberno a súa impugnación ante o Tribunal de Xustiza da UE, anima á cidadanía "para seguir presionando social e legalmente en defensa da especie".
Comments