O parque de Bombeiros de Arzúa volve estar pechado
- ecosdacomarca

- 29 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Este dá servizo ás comarcas de Arzúa e Terra de Melide ademais do concello de Vilasantar
Ecos da Comarca/Arzúa

O parque de Bombeiros de Arzúa permanece hoxe, luns, 29 de xullo de novo pechado, tal e como informan os propios bombeiros. Cabe mencionar que neste mes, estivo polo menos tres xornadas pechado. Deste xeito, quedan sen servizo todos os concellos das comarcas de Arzúa e Terra de Melide así como o municipio de Vilasantar.
Publicidade
Cabe mencionar que os Bombeiros levan tempo en loita para mellorar as súas condicións laborais.







Comentarios