O parabrisas limpo custe o custe
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Lembrades aquelas longas viaxes por estrada de hai vinte ou vinte e cinco anos. Se facedes memoria seguro que vos vén á cabeza a imaxe do parabrisas do coche ao chegar ao voso destino despois de varias horas de camiño. Era unha auténtica loucura e algo que hoxe parece case dunha película de ficción. Daba igual que foses de Galicia cara ao sur ou que cruzases calquera punto da meseta durante os meses de verán. O frontal do coche acababa completamente cuberto de insectos e mosquitos que quedaban pegados con tal forza que parecía unha tarefa imposible quitalos de alí.

Había que botar man de moita auga moitos produtos específicos e sobre todo de moita paciencia para poder ver algo a través do cristal de novo e deixar o coche minimamente decente. Era algo case ritual en cada parada que faciamos nas gasolineiras de camiño.
PUBLICIDADE
Hoxe en día porén se facedes exactamente o mesmo percorrido a situación cambiou de forma radical e asustada. Podes conducir durante centos de quilómetros pola mesma autovía e ao baixar do coche o cristal está case impecable coma se non saíras do garaxe. A cantidade de insectos minguou de xeito moi significativo nestas últimas décadas e hoxe en día é difícil ver esa acumulación que antes era a norma. É o que moitos expertos chaman o efecto do parabrisas limpo e aínda que para moitos condutores isto poida parecer unha vantaxe ou unha comodidade a realidade detrás deste fenómeno é bastante preocupante para o noso futuro.
PUBLICIDADE
Por unha banda haberá moitos que estean contentos por traer o coche máis limpo e por non ter que pasar o traballo de fregar a carrozaría despois de cada escapada de fin de semana. Pero por outro lado estamos os que pensamos que neste último cuarto de século algo moi profundo e perigoso está a mudar no noso planeta. Sinto moito dicirvos que traer o coche limpo tras unha viaxe longa non é unha vitoria da limpeza nin unha boa noticia que celebrar con xabón. É un síntoma claro de que a nosa biodiversidade está a sufrir un golpe devastador que moitas veces pasa desapercibido porque nos centramos na nosa propia comodidade.
PUBLICIDADE
Igual deberiamos pararnos a pensar un pouco máis nisto e non deixarnos levar pola simple estética de ter un coche brillante. Esas nubes de insectos que antes nos rodeaban eran un sinal de vida e un motor fundamental para o funcionamento de todos os nosos ecosistemas e da nosa agricultura.
PUBLICIDADE
Hoxe son eses pequenos seres os que están a desaparecer a unha velocidade que asusta pero debemos ser conscientes de que mañá poderiamos ser nós os que esteamos en serio perigo se o equilibrio se rompe de todo. O mundo está a avisarnos a través de pequenos detalles coma este e non deberiamos ignoralo por máis tempo.










Comentarios