top of page

O Noceda Rock de Lalín e o Agrocuir de Monterroso reciben axudas da Xunta

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude resolve a súa liña de axudas dotada en total para toda Galicia con 75.000 €, 5.000 euros máis que na anterior convocatoria


Laura Moure/Xeral

A Xunta acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria de axudas para a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado que, nesta ocasión, impulsará a colaboración con 16 proxectos.

O Agrocuir de Monterroso en unha edición pasada.
O Agrocuir de Monterroso en unha edición pasada.

Trátase dunha convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dotada con 75.000 euros, 5.000 euros máis que na anterior convocatoria, destinada a entidades culturais asociativas sen ánimo de lucro co fin de colaborar nos gastos correntes derivados da realización deste tipo de actividades culturais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A través destas achegas, que van dos 2.000 aos 7.000 euros, o Goberno galego apoia a realización de diversas iniciativas promovidas por organizacións sen fin de lucro das catro provincias. Así na de Pontevedra, contarán con este pulo o Ameixa Rock, da Asociación co mesmo nome, en Carril; o Nocedarock, da Asociación Cultural Bolarqueira, en Lalín (5.000 euros); o Armadiña Rock, da Asociación Cultural Deportiva Armadiña, en Combarro; Festival Poesía do Condado, da entidade cultural coa mesma designación, que se celebra en Salvaterra do Miño; e as Xornadas Etnográficas de Morrazo, en Cangas de Morrazo.


Ademais, en Vigo terán lugar catro certames coa colaboración destas axudas. En concreto, serán Pícnic Sesións, de Lideiras Asociación Cultural, o Revoltallo de Música Emerxente, O Festival de Verán e Vertixe 14, organizados estes tres últimos por Recreativo de Valadares, A Sforza Bembrive e Asociación Cultural Vertixe, respectivamente.


Do mesmo xeito, na provincia de Lugo apóiase con esta partida a Mostra de instrumentos de música tradicional, da Asociación de Gaiteiros Galegos, que se celebra en Guitiriz; o Tremeterra, da Asociación Cultural Sonsistema, no Incio; e o Agrocuir da Ulloa, que organiza a asociación co mesmo  nome en Monterroso (7.000 euros).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na provincia de Ourense, figura o Verbena da Rella, da Asociación Cultural Rebulir, que se celebra en Ramirás e o Festival Internacional da Pedra, que se organiza en diferentes localidades ourensás.


Ademais, esta achega tamén permitirá a posta en marcha dunha nova edición do Fest Clásico Ribeira Sacra, que abrangue diferentes territorios lucenses e ourensáns deste territorio, e o Bruón Folk Fest, que a Asociación Os Liantes, que se levará a cabo no municipio coruñés de Ribeira.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta iniciativa, o Goberno galego contribúe a reforzar a oferta cultural en todo o territorio a través de programacións diversas e de calidade dirixidas a todos os públicos co obxectivo de promocionar a cultura de Galicia axudando a mellorar as infraestruturas e promovendo a contratación de artistas da Comunidade ou outros emerxentes dándolles a oportunidade de darse a coñecer.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page