top of page

O Noceda Rock aprázase ao 2022, pero chega a iniciativa 'Cultura no Rural' cargada de actividades

O programa, que inclúe música, teatro, cine, unha andaina e unha recollida de lixo, arrancará o 19 de xuño e prolongarase ata o 13 de novembro


Laura Moure/Lalín

Este ano a parroquia lalinense de Noceda volverá a quedarse sen o seu Noceda Rock, promovido pola Asociación Cultural Xuventude Bolarqueira. Sen embargo, a organización deu a coñecer este mércores o cartel doutra iniciativa: Cultura no Rural. Incluirá teatro, música, cine, unha andaina e unha recollida de lixo e arrancará o 19 de xuño e prolongarase ata o 13 de novembro.


"Presentamos un pequeno proxecto que comenza a camiñar neste 2021: Noceda-Cultura no Rural que trata de achegar diferentes actividades culturais e sociais en pequeno formato a nosa aldea. Como podedes imaxinar a VI Edición do Noceda Rock decidimos aprazala a 2022 que xa esperamos poder voltar o festival a Carballeira de Lamas e poder desfrutar xuntos, que xa o desexamos", indica a organización do Noceda Rock. "Para que a espera non sexa moi longa, poñeremos en marcha este novo proxecto no que iremos desfrutado de pequenas actividades, sempre respectando as restricións e recomendacións de cada momento", engade.


ree

O cartel deseñado por Nerea Fiuza Mosquera.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page