Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O municipio de Boimorto pasará do nivel medio ao alto de restricións este luns

Laura Moure/Boimorto

O luns volverá haber cambios nalgúns concellos en canto ao nivel de restrincións. Entre estas modificacións só haberá unha en referencia aos 17 concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, xa que Boimorto pasará do nivel medio ao alto.


O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou hoxe, venres, a incorporación do concello de Carballeda de Valdeorras á listaxe de concellos con nivel máximo de restricións, xunto cos concellos da Pobra do Caramiñal e O Grove.


A grupo de expertos determinou o establecemento do nivel alto de limitacións en oito concellos galegos, nomeadamente, nos municipios de Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral.


Ademais, quedarán no nivel medio os municipios de Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda.


No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.


Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro luns, 12 de abril.

Boimorto.

1,079 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE