top of page

Asunción, veciña dos Ánxeles (Boimorto), celebra os seus 100 anos!

hace 6 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Boimorto

O pasado venres Boimorto viviu unha xornada especial coa celebración do centenario de Asunción dos Ánxeles, que cumpríu 100 anos rodeada do cariño da súa xente.

Con motivo desta data tan significativa, a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, achegouse a felicitala persoalmente e fíxolle entrega dun ramo de flores en representación de todos os veciños e veciñas do municipio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Desde o Concello trasladáronlle os seus mellores desexos, con especial atención á saúde e á felicidade, nunha homenaxe que quere recoñecer a súa longa traxectoria vital.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A celebración desta centenaria convértese así nun motivo de alegría para Boimorto, que se suma á felicitación a Asunción e lle desexa que continúe gozando do afecto e da compañía dos seus achegados.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page