Segue a aplicar o horario de inverno, con apertura de mércores a domingo
Laura Moure/Silleda
O mosteiro románico de San Lourenzo de Carboeiro de Silleda rexistrou ao longo de todo o ano 2023 un total de 15.138 visitas, confirmándose como un dos monumentos e entornos máis visitados da comarca e do interior de Galicia.

No cómputo mensual cómpre destacar que os meses de xullo, agosto e setembro foron os máis concorridos, como vén sendo habitual. Así, en xuño accederon ao mosteiro 1.992 persoas; en xullo foron 2.173 e un total de 3.042 durante o mes de agosto.
Abril, maio e setembro, foron tamén meses destacados superando nos tres casos o millar de visitantes (con 1.522, 1.156 e 1.262 entradas, respectivamente). En xaneiro entraron a Carboeiro 480 persoas, en febrero 717 (cifra elevada respecto a anos anteriores), e en marzo 676.
Publicidade
No último trimestre, as cifras tamén deixaron balances mellores que en anos anteriores, con 993 entradas en outubro; 618 en novembro e 507 no pasado mes de decembro.
Publicidade
Carboeiro, unha das xoias do románico oxival galego, e tamén o seu entorno, ao pé do río Deza, é visitado cada ano por milleiros de persoas de distintas nacionalidades. Este espazo histórico e cultural é xunto coa Fervenza do Toxa, co que comparte o sendeiro do Deza, o gran referente turístico do municipio.
Horario de inverno
O horario actual de Carboeiro é de mércores a domingo de 11:00 a 14:30 horas e de 15:30 a 18:00 horas. Este horario de apertura, condicionada tamén polas horas de luz natural manterase ata o cambio horario de primavera.
Publicidade
Nesta semana estará pechado tamén ao público na xornada do venres día 5, víspera do Día de Reis.
En Carboeiro sitúase tamén o Punto de Información Turística do municipio, incluido na Rede Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra.
Comments