Ecos da Comarca/Silleda
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_3ba73bb640f843ceb47fcaa19912554e~mv2.jpg/v1/fill/w_147,h_147,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/0216be_3ba73bb640f843ceb47fcaa19912554e~mv2.jpg)
O mosteiro de Carboeiro de Silleda aplica dende esta fin de semana semana o horario de inverno con novos axustes. Así, e tendo en conta o remate do contrato dunha das persoas que exerceu como guía dende o mes de xullo e o descenso de visitas nos meses de
inverno, así coma as horas de luz, o mosteiro mudará de horario a a partir deste domingo e ata a primavera.
O acceso ao edificio estará pechado nas xornadas de luns e martes, abrindo de mércores a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e pola tarde de 15:30 a 18:00 horas.
Este horario manterase nos vindeiros meses, ata que se aplique o cambio horario de cara á primavera. Xa este domingo día 30 o horario de apertura será ata as 18:00 horas.