top of page

O mosteiro de Carboeiro de Silleda aplica dende o domingo o horario de primavera

Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro de Silleda mudará dende este domingo día 26 o seu tempo de apertura, coincidindo co cambio de horario. Así, e en virtude do establecido nos últimos anos polo departamento municipal de Turismo, o edificio abrirá as súas portas ao público en horario de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas, de mércores a domingo.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Deste xeito, e tendo en conta o aumento de horas de luz que xa se vén experimentado nas últimas semanas, amplíase unha hora máis a apertura do cenobio polas tardes.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Este horario de primavera aplicarase –de mércores a domingo- durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, ampliándose novamente nos meses de verán co reforzo de personal que atende o Punto de Información Turísticas (PIT) da rede Info Rías Baixas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page